José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza o traballo das entidades galegas do exterior a prol da nosa cultura

O conselleiro visitou en Zúrich a sede da Asociación Cultural As Xeitosiñas, antes de participar esta tarde en Basilea no 40 aniversario do Centro Recreativo Cultural Ourense.

Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que impón aos retornados no fiscal -co foco nas rendas de traballo capitalizadas despois dunha vida- ou na sanidade.

O conselleiro enmarcou as visitas de hoxe á comunidade galega en Suíza na aposta por continuar reforzando os lazos coa colectividade galega neste país.

Destacou a presenza de Galicia en Suíza, onde residen máis de 41.000 persoas galegas e onde hai 13 centros galegos que figuran no Rexistro da Galeguidade e recoñecidos como comunidades galegas, entre eles Xeitosiñas e o CRC Ourense.

  • José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza o traballo das entidades galegas do exterior a prol da nosa cultura

Listen to this page using ReadSpeaker
Zúrich (Suíza), 26 de outubro de 2024.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe en Zurich a sede da Asociación Cultural As Xeitosiñas, onde destacou o compromiso galego coa colectividade galega en Suíza e co labor que desenvolven entidades coma esta na difusión da cultura e tradicións de Galicia. Unha xornada coa comunidade galega neste país que se completará esta tarde coa asistencia do conselleiro aos actos de conmemoración do 40 aniversario do Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea.

Na súa visita á sede da asociación cultural As Xeitosiñas, nada en 1981 e con máis de 200 socios galegos – e cun grupo de gaita e baile composto por arredor de 50 integrantes-, o conselleiro explicou que estes encontros son chave para continuar reforzando os lazos coa colectividade galega neste país, escoitar as súas necesidades e trasladarlles o compromiso da Xunta co seu benestar e co seu futuro.

Como exemplo desta implicación, José González lembrou a reunión desta mesma semana coa secretaria de Estado de Migracións, na que demandou eliminar as desigualdades fiscais coas que grava o Estado aos galegos do exterior que volven a súa terra, en especial as persoas que retornan do país helvético con rendas do traballo capitalizadas durante toda unha vida laboral. Ademais, neste encontro en Madrid o conselleiro tamén solicitou a bonificación que hoxe teñen que pagar os retornados suízos á Seguridade Social para poder acceder á cobertura sanitaria universal en España, unha prestación coa que a Xunta xa está plenamente comprometida coa súa gratuidade.

Comunidade galega en Suíza.

O conselleiro puxo de relevo a importante presenza de Galicia en Suíza, onde residen máis de 41.000 persoas galegas e onde hai 13 centros galegos que figuran no Rexistro da Galeguidade e recoñecidos como comunidades galegas, entre eles o das Xeitosiñas e o Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea. Neste sentido, salientou a achega dos galegos e galegas emigrantes en Suíza ao  desenvolvemento de Galicia e lembrou que a Xunta sempre estará para apoialos e ofrecer oportunidades a quen desexe retornar ou seguir contribuíndo desde o exterior.

No caso do retorno, lembrou que a Xunta desenvolve a Estratexia Galicia Retorna, dotada con 450 millóns de euros, que inclúe diferentes medidas para favorecer ata o 2026 o regreso de 30.000 galegos e descendentes. Entre elas, o programa Retorna Cualifica Emprego, as axudas para o emprendemento ou as axudas extraordinarias para o retorno.

Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea.

En canto ao Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea que tamén visitará o conselleiro hoxe, conta con máis de 130 socios galegos e foi fundado en 1984. Desde aquela realiza diferentes actividades sociais e culturais relacionadas con Galicia, entre elas a celebración do Día das Letras Galegas. Ademais, conta cun grupo de gaita e baile creado cuns 25 integrantes. Esta entidade e a Asociación Cultural As Xeitosiñas son promotoras do Camiño de Santiago en Suíza.

518 lecturas