Novas
Buscador
- A Xunta lembra que está aberto ata o 30 de setembro o prazo de solicitude das axudas para o autoemprego e a actividade emprendedora dos emigrantes retornados 29.08.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe na Coruña un centro de fisioterapia xestionado por dous irmáns galegos retornados de París beneficiarios destes apoios. A provincia da Coruña sumou un terzo destas achegas no 2023 sendo 39 persoas as que obtiveron axudas das 120 do conxunto de Galicia. Rodríguez Miranda... Máis información
- Miranda: “As entidades galegas do exterior, como o Centro Galego de Comodoro Rivadavia, son fundamentais para manter vivas as tradicións galegas” 28.08.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe coa presidenta do Centro Galego de Comodoro Rivadavia, Bárbara Estrada, para reforzar os lazos entre a Xunta de Galicia e a comunidade galega na Arxentina. Durante a reunión, Rodríguez Miranda destacou a importancia de manter vivas as tradicións e a cultura galega a... Máis información
- Emigración publica o listado definitivo de adxudicación dos obradoiros de cultura galega para entidades do exterior 27.08.2024 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe na súa páxina web o listado definitivo de adxudicación dos 49 obradoiros de cultura galega destinados a entidades do exterior. O programa conta cun orzamento de 225.000 euros e permitirá sufragar os gastos de contratación e desprazamento do profesorado e materiais de formación. As 58 entidades... Máis información
- A Xunta impulsa a iniciativa emprendedora dos emigrantes retornados con apoios que contribúen ao desenvolvemento económico de Galicia 26.08.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Vigo o taller de electromecánica posto en marcha pola familia de Agustina Patiño e Agustín Cierne, que retornaron a Galicia desde a Arxentina. Este emprendemento foi posible con achegas do Goberno autonómico como as axudas para o fomento do autoemprego e a actividade... Máis información
- A delegada da Xunta en Uruguai participa nun dos actos organizados polo 145 Aniversario do Centro Galego de Montevideo e destaca o papel da Administración Autonómica na preservación da cultura galega no exterior 25.08.2024 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nun dos actos conmemorativos organizados polo 145 aniversario do Centro Galego de Montevideo, onde destacou o papel fundamental desta institución na preservación da cultura e identidade galegas no exterior. Elvira Domínguez asistiu tamén no Patronato da Cultura Galega á... Máis información
- A Oficina móbil de retorno da Xunta leva visitado 76 concellos co foco posto no asesoramento aos galegos do exterior que volven ao noso rural 24.08.2024 audio Este servizo -itinerante que complementa as oficinas permanentes de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo- ofrece un amplo abano de servizos deseñados para atender as demandas e necesidades específicas das persoas retornadas. O Goberno galego reafirma así o seu compromiso con facilitar o retorno e a integración dos galegos e as súas familias,... Máis información
- Miranda recibe á presidenta do Lar Galego de Pamplona destacando novas oportunidades de colaboración cultural ás vísperas do 75º aniversario da entidade 23.08.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con María Jesús Rodríguez, presidenta do Lar Galego de Pamplona, e Jacobo Ruibal, tesoureiro da entidade, onde se avaliaron as accións desenvolvidas por esta entidade ao longo do último ano. Durante o encontro, Miranda destacou a importancia das iniciativas... Máis información
- Emigración reforza o apoio á Asociación Cultural e Deportiva de Tordoia en Xenebra para preservar a cultura galega 22.08.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro con Álvaro García, presidente da Asociación Cultural e Deportiva de Tordoia en Xenebra, e con Patricia Coo, tesoureira, onde resaltou o compromiso da comunidade galega no exterior co mantemento das súas raíces e cultura. Durante a reunión, abordáronse diversas... Máis información
- Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa "Reencontros con Galicia" para 200 galegos do exterior para que coñezan a realidade galega e o encontro cos seus familiares 22.08.2024 audio A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa “Reencontros con Galicia”, que ofrece 200 prazas co obxectivo de facilitar a estas persoas o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares a mediados do mes de outubro. Esta lista recolle ás persoas participantes... Máis información
- A Xunta pon de relevo que os 250 mellores expedientes dos galegos do exterior procedentes de 22 países cursarán cunha bolsa BEME un mestrado en Galicia 18.08.2024 audio Entre os admitidos para o próximo curso, 113 cursarán os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 98 na Universidade de Vigo (UVigo) e 39 na Universidade da Coruña (UDC). A Secretaría Xeral da Emigración pechou este ano o prazo de solicitude das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) con máis de 850 galegos... Máis información
Páxinas |









