O documental “Anduriña, muller de ida e volta” inicia en Madrid unha xira mundial por máis de 50 centros galegos levando unha emotiva testemuña de conexión coa terra
As protagonistas de “Anduriña, muller de ida e volta” estiveron presentes na estrea en Madrid para contar en primeira persoa as súas historias de “ida e volta”.
O acto contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos; a directora do documental, Cristina Pascual e o produtor da peza, Alberto Outeiriño.
Este proxecto forma parte dos esforzos da Xunta de Galicia por manter viva a conexión entre os galegos do exterior e a súa terra de orixe.
O documental “Anduriña, muller de ida e volta” inicia en Madrid unha xira mundial por máis de 50 centros galegos levando unha emotiva testemuña de conexión coa terra
O documental “Anduriña, muller de ida e volta” inicia en Madrid unha xira mundial por máis de 50 centros galegos levando unha emotiva testemuña de conexión coa terra
O documental “Anduriña, muller de ida e volta” inicia en Madrid unha xira mundial por máis de 50 centros galegos levando unha emotiva testemuña de conexión coa terra
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este mércores a estrea do documental “Anduriña, muller de ida e volta” na Casa de Galicia en Madrid, unha peza dirixida por Cristina Pascual e producida por O Faiado Producións. Este documental recolle as testemuñas de quince mulleres do Concello de Maceda, que compartiron as súas vivencias como emigrantes e as dificultades que enfrontaron na súa travesía de ida e volta entre Galicia e outros países.
O acto contou tamén coa presenza do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, a directora do documental, Cristina Pascual, e o produtor Alberto Outeiriño. Miranda destacou a importancia desta obra para preservar a memoria colectiva da emigración galega, poñendo en valor a resiliencia destas mulleres que souberon enfrontarse a retos como a soidade, a distancia e a adaptación a novas culturas.
Tras esta estrea en Madrid, o documental iniciará unha xira que percorrerá diversos centros galegos por todo o mundo, máis de 50, levando a historia destas mulleres a comunidades de emigrantes en diferentes países e tamén en moitos centros galegos da península. Este proxecto forma parte dos esforzos da Xunta de Galicia por manter viva a conexión entre os galegos do exterior e a súa terra de orixe.
As Anduriñas son:
- Francisca Costa Blanco
- Pilar Iglesias Lamelas
- Paz González González
- Maruja Requejo Valino
- Victoria Gómez Martínez
- Josefina González González
- Filo Vázquez Gómez
- Elvira Méndez Asorey
- Concepción Bretana Estévez
- Asunción Blanco Fernández
- Dolores Fernández Sinde
- Emilia Fernández Sinde
- María Dolores Gómez Bretana
- Mª Concepción Gómez Fernández
- María Rosa Méndez Pardo
Novas relacionadas



