A Secretaría Xeral da Emigración anima ao Centro Gallego de Llodio a manter a súa actividade en prol da difusión de Galicia no País Vasco na celebración do seu 50 aniversario

O representante do departamento autonómico no evento, o xefe de Servizo de Promoción das Comunidades Galegas, José Iglesias de la Fuente, pediu ás galegas e aos galegos da comunidade vasca que sexan embaixadores do Xacobeo 2021.

  • Imaxe da celebración do 50º aniversario da entidade galega en Llodio. Foto: Edmundo Martín
    Imaxe da celebración do 50º aniversario da entidade galega en Llodio. Foto: Edmundo Martín
  • O xefe do Servizo de Promoción das Comunidades Galegas, durante a celebración. Foto: Edmundo Martín
    O xefe do Servizo de Promoción das Comunidades Galegas, durante a celebración. Foto: Edmundo Martín
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019.

A Secretaría Xeral da Emigración animou ao centro Gallego de Llodio a seguir a traballar en prol da difusión da cultura e tradicións de Galicia durante a celebración das súas vodas de ouro. O departamento autonómico estivo representado polo xefe do Servizo de Promoción das Comunidades Galegas, José Iglesias de la Fuente.

No transcurso do mesmo, Iglesias salientou o exemplo de unidade que dan as galegas e os galegos do País Vasco ao resto da colectividade do exterior, e pediulles a todas e todos eles que se convertan en embaixadoras e embaixadores dun dos eventos máis importantes dos vindeiros anos en Galicia, o Xacobeo 2021. O representante da Secretaría Xeral da Emigración reiterou os parabéns do departamento que dirixe Miranda a toda a emigración galega pola Medalla que o Parlamento de Galicia vén de concederlles o pasado mes de abril. 

A celebración contou cunha intensa axenda de actividades, entre as que salientaron actuacións musicais e as exposicións Vida y obra de Manuel Rodríguez e El exilio gallego en Venezuela, así como unha mostra que recolle diferentes obras do pintor chairego Anxo Lamas, falecido en febreiro do pasado ano. A comida de irmandade coa que rematou o programa de actos serviu tamén ao Centro Gallego de Llodio para facer entrega dun agasallo aos vinte socios fundadores da entidade.

En imaxes
285 lecturas