Novas
Buscador
- Feijóo dá a benvida ás e aos maiores do exterior beneficiarios de Reencontros na Casa e ás súas familias, a quen agradece o seu labor como embaixadoras e embaixadores de Galicia en América, no 30 aniversario do programa 22.06.2019 audio O presidente da Xunta lembroulles, durante un acto oficial celebrado en San Martiño Pinario, que están “na que é, e sempre foi, a súa casa”. Esta nova edición dunha das iniciativas máis antigas da Secretaría Xeral da Emigración, que este ano cumpre 30 anos, deu a oportunidade de regresar a Galicia a 135 galegas e galegos do exterior. O presidente... Máis información
- Miranda expón as medidas da Xunta para a captación e retención do talento exterior na xornada “Talento na era 4.0”, organizada polo Instituto Galego do Talento, o IESIDE e Abanca 21.06.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na xornada inaugural de Talento na era 4.0, un evento organizado polo Instituto Galego do Talento (IGATA), o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) e Abanca, celebrado na sede da Obra Social da entidade na capital galega. O... Máis información
- Miranda intercambia experiencias de traballo e proxectos en materia de emigración cos responsables de Acción Exterior do Goberno do País Vasco 21.06.2019 audio O secretario xeral da Emigración recibiu a María Ángeles Elorza Zubiria e a Gorka Álvarez Aranburu na sede do departamento autonómico da praza de Mazarelos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, intercambiou experiencias de traballo e proxectos en materia de emigración durante un encontro que mantivo coa secretaria xeral de... Máis información
- Miranda recibe no aeroporto de Vigo ás e aos case medio cento de beneficiarios de “Reencontros na Casa” procedentes de Venezuela 20.06.2019 audio O secretario xeral da Emigración lembrou ás e aos participantes que “Galicia segue a ser a súa terra, que sempre os recibirá cos brazos abertos”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou esta tarde aos beneficiarios e beneficiarias do programa “Reencontros na Casa” procedentes de Venezuela que “Galicia segue a ser a... Máis información
- Miranda invita ás e aos primeiros 53 beneficiarios de Reencontros na casa procedentes da Arxentina que aterran en Galicia a “redescubrir a súa terra de orixe e ás súas xentes” 19.06.2019 audio O secretario xeral da Emigración recibiu ás e aos participantes no aeroporto de Alvedro á súa chegada desde a cidade de Bos Aires. Máis de 130 galegas e galegos maiores de 65 anos residentes en América participarán nesta nova convocatoria, que busca reforzar os lazos da emigración coa Galicia territorial. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración amplía ás sociedades mercantís as axudas á e ao retornado emprendedor, que ascenderán a un máximo de 8.000 € para gastos de establecemento 18.06.2019 audio O DOG publicou onte a sétima convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. Ata o de agora, só podían acollerse ás subvencións que concede o Goberno galego aquelas e aqueles emprendedores que rexistrados como autónomos, sociedades laborais e cooperativas de traballo. A iniciativa permite dar... Máis información
- Miranda reforza os lazos institucionais co Goberno cubano e español na súa primeira viaxe do ano á Habana 17.06.2019 audio O secretario xeral da Emigración centra a súa axenda oficial de hoxe nas reunións que celebrará co embaixador español no país centroamericano, co consejero de Asuntos Culturais, así como con responsables do Ministerio de Cultura. Estas xuntanzas enmárcanse na estreita relación de cooperación que mantén Galicia con ámbolos dous Executivos. O... Máis información
- Miranda participa no arranque do programa de actos da conmemoración do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana 16.06.2019 audio O secretario xeral da Emigración asistiu á presentación dunha canción composta por galegos cubanos para celebrar o aniversario da capital do país, titulada “De Galicia a La Habana”. O responsable do departamento autonómico comezou a súa axenda oficial na illa centroamericana cun encontro co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba,... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración participa na xuntanza dos centros galegos de Andalucía, Estremadura e Ceuta, e na celebración do 50 aniversario da Casa de Galicia de Ondarroa 15.06.2019 audio O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, salientou no País Vasco o importante labor que as galegas e os galegos desta localidade están a realizar desde hai medio século en prol da cultura da súa terra de orixe. Badaxoz acolleu a reunión das entidades galegas do sur de España, na que o xefe de Servizo de... Máis información
- A Xunta apoia a contratación de persoal de alta cualificación para desenvolver tarefas de I+D+i en entidades galegas entre as medidas de fomento de retorno do talento incluídas na Estratexia Retorna 2020 13.06.2019 audio O prazo de solicitude da segunda edición da convocatoria Talento Sénior, que permitirá a contratación de 14 profesionais con máis de cinco anos de experiencia en empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, abriuse o martes. As axudas varían en función da retribución bruta dos contratos, primando o retorno de profesionais a... Máis información
Páxinas |








