Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración achega as e os participantes de Escolas Abertas o patrimonio da Ribeira Sacra, candidata a ser Patrimonio da Humanidade 16.07.2019 audio A Secretaría Xeral da Emigración achegou o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra ás e aos 63 participantes nesta edición de Escolas Abertas, o programa do Goberno galego deseñado para actualizar os coñecementos das e dos docentes de disciplinas relacionadas coa cultura galega nas entidades galegas do exterior. Visitas ao Mosteiro de... Máis información
- A Xunta presenta a entidades e empresas do eido dos recursos humanos os detalles da nova convocatoria de Talento Sénior 15.07.2019 audio A segunda edición deste programa, cuxo prazo de solicitudes está aberto ata o 11 de agosto, permitirá a contratación de 14 profesionais con máis de cinco anos de experiencia en empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos. A través da primeira edición, contratáronse 10 profesionais de alta cualificación en sectores como TIC,... Máis información
- Miranda remata a súa visita á Comunidade Valenciana no Centro Galego de Valencia 14.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á súa visita á colectividade galega da Comunidade Valenciana no Centro Galego de Valencia. O responsable do departamento autonómico, que participou previamente en ámbolos dous actos celebrados no Centro Galego de Castelló e en Alacant, onde o sábado presidiu a celebración do... Máis información
- Miranda invita en Alacant a toda a colectividade galega de España e o exterior a celebrar “con orgullo e espírito de unidade” o Día de Galicia 13.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración presidiu o acto que congregou os galegos e galegas que residen nesta cidade alacantina. As tres provincias levantinas acubillan preto de 20.000 cidadás e cidadáns galegos de orixe, dos que o grupo máis numeroso é o coruñés, seguido do pontevedrés. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
- Miranda visita o Centro Galego de Castelló e anímao a seguir difundindo a cultura galega 12.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este mediodía o Centro Galego de Castelló “O Aturuxo”, onde mantivo un encontro coa súa directiva e os seus socios e socias. A continuación, o responsable do departamento autonómico desprazarase ata Valencia, cidade na que visitará as instalacións do Centro Galego da capital... Máis información
- Miranda agradece as e os preto de 70 participantes en Escolas Abertas o seu compromiso coa cultura galega e coas galegas e os galegos do exterior aos que transmitirán a súa experiencia 11.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración presidiu, acompañado da delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a inauguración desta nova edición do programa do Goberno galego. A convocatoria deste ano reúne na Residencia Docente da cidade das Burgas 21 benefciarias e beneficiarios procedentes de entidades da Arxentina, 12 de Cuba, 10 do Uruguai... Máis información
- Un centenar de rapazas e rapaces participa en Lugo no programa da Xunta Conecta con Galicia, 67 deles descendentes de galegas e galegos no exterior 11.07.2019 audio O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o albergue Lug II, onde se suceden dous grupos dende o día 5 e ata o 14 de xullo, divididos por tramos de idade. A Consellería de Política Social e a Secretaría Xeral da Emigración convocan estes días en Lugo a un centenar de rapaces e rapazas a través do programa Conecta con... Máis información
- Miranda visita a nova oficina fixa de información ao retornado de Fevega, a terceira de Galicia, que abrangue toda a provincia de Lugo 10.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración lembrou que dúas das principais axudas específicas do Goberno galego para as galegas e os galegos que regresan á comunidade, as Axudas ao Retornado Emprendedor e as extraordinarias, seguen abertas. As instalacións, que entraron en funcionamento o mes pasado grazas ao convenio da Secretaría coa federación de... Máis información
- Miranda acompaña as e os primeiros 130 mozos beneficiarios do programa Conecta con Galicia no último tramo do Camiño de Santiago 09.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel Toimil, acompañaron esta tarde as e os primeiros 130 mozos e mozas participantes no Conecta con Galicia no derradeiro tramo do Camiño de Santiago, dos que arredor de 70 son galegas e galegos do exterior e o resto, da Galicia territorial... Máis información
- Sanidade colaborará coa Casa de Galicia de Uruguai e coa Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos para o intercambio e mellora da formación técnica e científica 07.07.2019 audio Facilitarase ao persoal designado por cada institución a posibilidade de realizar estadías temporais de formación en áreas como a práctica médica, terapias innovadoras, farmacia hospitalaria ou coidados de enfermería A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, vén de asinar esta semana dous convenios de colaboración, un deles coa... Máis información
Páxinas |









