Miranda reforza os lazos institucionais co Goberno cubano e español na súa primeira viaxe do ano á Habana

O secretario xeral da Emigración centra a súa axenda oficial de hoxe nas reunións que celebrará co embaixador español no país centroamericano, co consejero de Asuntos Culturais, así como con responsables do Ministerio de Cultura.

Estas xuntanzas enmárcanse na estreita relación de cooperación que mantén Galicia con ámbolos dous Executivos.

  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o embaixador de España en Cuba
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o embaixador de España en Cuba
  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicará a meirande parte da súa axenda oficial de hoxe a reforzar os lazos tanto co Goberno cubano como cos representantes do español no país centroamericano. O responsable do departamento autonómico celebrará varias reunións ao longo do día con responsables de ámbolos dous Executivos, cos que Galicia mantén unha estreita relación de cooperación na illa desde hai anos. 

O primeiro acto do programa institucional do secretario xeral da Emigración será con representantes do Ministerio de Cultura, con quen estudará posibles accións conxuntas en materia cultural, entre as que cobran especial protagonismo as relacionadas co 500 aniversario da fundación da cidade da Habana, que se celebra este ano e na que a colectividade galega da illa terá un papel protagonista.

A continuación, Miranda desprazouse á Embaixada de España no país centroamericano, con cuxo titular, Juan Fernández Trigo, manterá un encontro para achegarse á situación actual que atravesan as cidadás e os cidadáns españois, e nomeadamente os galegos e galegas, que residen na república cubana. Na mesma sede institucional do Goberno español, o responsable de Emigración reunirase co consejero de Asuntos Culturais, Jorge Peralta, con quen analizará diferentes oportunidades de colaboración para visibilizar a presenza de Galicia e de España no país centroamericano, especialmente nunha efeméride tan sinalada para a capital cubana.

Visita á asociación de Monterroso e Antas de Ulla, unha das máis lonxevas
Miranda porá fin á súa primeira viaxe do ano a Cuba cunha visita á Asociación Monterroso y Antas de Ulla, Sociedad de Recreo, Cultura y Beneficencia, unha das máis antigas da illa, que este ano conmemora o seu 108 aniversario de historia e con cuxas e cuxos representantes da directiva e socios e socias manterá un encontro para interesarse pola súa actividade. 

183 lecturas