Feijóo dá a benvida ás e aos maiores do exterior beneficiarios de Reencontros na Casa e ás súas familias, a quen agradece o seu labor como embaixadoras e embaixadores de Galicia en América, no 30 aniversario do programa

O presidente da Xunta lembroulles, durante un acto oficial celebrado en San Martiño Pinario, que están “na que é, e sempre foi, a súa casa”.

Esta nova edición dunha das iniciativas máis antigas da Secretaría Xeral da Emigración, que este ano cumpre 30 anos, deu a oportunidade de regresar a Galicia a 135 galegas e galegos do exterior.

  • Imaxe do acto celebrado este mediodía no compostelán mosteiro de San Martiño Pinario
    Imaxe do acto celebrado este mediodía no compostelán mosteiro de San Martiño Pinario

Actuación musical no 30º aniversario do programa 'Reencontros na Casa' da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2019.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu a benvida os galegos e galegas do exterior que este ano se beneficiaron do programa Reencontros na Casa, un dos máis antigos da Secretaría Xeral da Emigración logo de tres décadas de vida. As beneficiarias e beneficiarios acudiron acompañados polas e polos seus familiares ao Mosteiro de San Martiño Pinario, onde foron recibidos polo titular da Xunta e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Feijóo agradeceulles o labor incansable que fan como embaixadoras e embaixadores de Galicia en América e lembroulles que están “na que é, e sempre foi, a súa casa”, á que por diversos motivos algunhas e algúns deles levaban décadas sen regresar.

Nesta nova convocatoria da iniciativa de Emigración, posta en marcha en 1989, a Xunta de Galicia favoreceu o regreso de 135 galegas e galegos do exterior, dos que 53 proceden da Arxentina, 49 de Venezuela, 15 do Uruguai, 10 do Brasil e 9 de Cuba. Todas e todos eles aterraron dos diferentes aeroportos de Galicia durante os últimos tres días desde as súas cidades de procedencia, e foron recibidos polos seus e as súas familiares, na meirande parte dos casos, nas propias instalacións aeroportuarias.

Reencontros na Casa forma parte do grupo de medidas deseñadas polo Goberno galego para fortalecer os lazos das cidadás e os cidadáns galegos do exterior coa Galicia territorial, entre os que destacan, ademais deste, outros programas como Reencontros na Terra, Conecta con Galicia e Escolas Abertas, cada un deles dirixidos a  destinatarias e destinatarios de diferente perfil, desde maiores ata mozas e mozos e docentes de materias relacionadas coa cultura galega nos preto de douscentos centros galegos que existen en todo o mundo.

Este programa busca o reencontro entre os galegos e galegas maiores de 65 con escasos recursos que residen en América e as e os seus familiares e a súa terra a través da convivencia durante un período de entre 15, 30 ou 45 días coas e cos seus parentes. A Secretaría Xeral da Emigración sufraga parte dos custos dos billetes en función da capacidade económica dos beneficiarios e beneficiarias, a quen tamén facilita a organización e xestión da viaxe.

202 lecturas