Miranda expón as medidas da Xunta para a captación e retención do talento exterior na xornada “Talento na era 4.0”, organizada polo Instituto Galego do Talento, o IESIDE e Abanca

  • Imaxe da xornada 'Talento na era 4.0' celebrada esta tarde na capital de Galicia
    Imaxe da xornada 'Talento na era 4.0' celebrada esta tarde na capital de Galicia
  • Imaxe da xornada 'Talento na era 4.0' celebrada esta tarde na capital de Galicia
    Imaxe da xornada 'Talento na era 4.0' celebrada esta tarde na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na xornada inaugural de Talento na era 4.0, un evento organizado polo Instituto Galego do Talento (IGATA), o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) e Abanca, celebrado na sede da Obra Social da entidade na capital galega. O responsable do departamento autonómico expuxo durante a súa comparecencia os diferentes programas que a Xunta de Galicia ten en marcha para captar e reter o talento do exterior. 

Todas as medidas dirixidas a lograr este obxectivo, como os programas Oportunius, Talento Sénior, Principia ou Pértega, entre outros, están incluídos na Estratexia Retorna 2020, aprobada en abril de 2018 e que acolle outro máis de medio cento de propostas destinadas a fomentar o retorno dos galegos e as galegas residentes no exterior.

Nas xornadas tamén participaron Francisco Servia Fiuza, senior Product Manager en Amazon; Jessica Rey, responsable de Marketing en Casa Grande de Xanceda; Alejandro Álvarez, director financiero de Cafés Candelas; Pablo Mateo, director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa en Abanca; Patricia García, presidenta do Círculo Empresarios Galicia; Iria Vázquez, directora de xestión de Talento y Empleabilidad en Grupo Adecco España, e Lucia González, responsable da área de Galicia do IGATA.

591 lecturas