Miranda participa no arranque do programa de actos da conmemoración do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana

O secretario xeral da Emigración asistiu á presentación dunha canción composta por galegos cubanos para celebrar o aniversario da capital do país, titulada “De Galicia a La Habana”.

O responsable do departamento autonómico comezou a súa axenda oficial na illa centroamericana cun encontro co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo.

  • Miranda acudiu á presentación da canción 'De Galicia a La Habana', que a colectividade galega na illa compuxo para conmemorar o 500 aniversario da capital cubana
    Miranda acudiu á presentación da canción 'De Galicia a La Habana', que a colectividade galega na illa compuxo para conmemorar o 500 aniversario da capital cubana

Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 16 de xuño de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou esta mañá a súa primeira viaxe do ano a Cuba coa asistencia ao arranque do programa de actos organizados co gallo do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana. O responsable do departamento autonómico acudiu á presentación dunha canción que a colectividade galega do país centroamericano compuxo para conmemorar esta efemérides, e que baixo o título De Galicia a La Habana busca poñer en valor os fortes lazo que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras. 

Antes da interpretación inaugural da peza, que tivo lugar no Teatro Nacional de Cuba ante centos de asistentes, o grupo de bailes e gaitas integrado por membros das distintas asociacións que integran a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba ofreceu unha actuación na que tocaron distintas pezas de tradición galega. Miranda felicitou persoalmente as e os músicos que participaron no acto, a quen agradeceu “a mellor difusión que se pode facer dunha cultura como a galega, a que sae do alma e a que sae da boca en forma de melodía e corazón”.

As e os lucenses, maioría na illa
A axenda institucional do secretario xeral da Emigración daba inicio pouco antes co encontro que mantivo co presidente da Federación, Sergio Toledo, para achegarse á situación na que se atopa a colectividade galega que reside na illa, da que menos do 1% foi nada en Galicia. Cuba, malia ser o terceiro país do mundo con maior presenza de cidadás e cidadáns galegos con 43.480 persoas, só por detrás da Arxentina e O Brasil, conta coa peculiaridade de que unicamente 401 delas e eles naceron na comunidade autónoma, mentres as e os 43.079 restantes son descendentes que foron nados xa no seu país de destino. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a data 1 de xaneiro de 2019, do total de 43.480 galegas e galegos que residen en Cuba, 11.697 son orixinarios da provincia da Coruña, 14.922 da de Lugo, 13.473 da de Ourense e 3.388 da de Pontevedra. 

En imaxes
244 lecturas