Sanidade colaborará coa Casa de Galicia de Uruguai e coa Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos para o intercambio e mellora da formación técnica e científica

Facilitarase ao persoal designado por cada institución a posibilidade de realizar estadías temporais de formación en áreas como a práctica médica, terapias innovadoras, farmacia hospitalaria ou coidados de enfermería

  • Facilitarase ao persoal designado por cada institución a posibilidade de realizar estadías temporais de formación en áreas como a práctica médica, terapias innovadoras, farmacia hospitalaria ou coidados de enfermería

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2019.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, vén de asinar esta semana dous convenios de colaboración, un deles coa Casa de Galicia de Uruguai, e outro coa Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos de Montevideo, destinados ao intercambio e mellora da formación técnica e científica.

O obxecto destes acordos é a posta en marcha dun programa de colaboración en materia de asistencia técnica e intercambio de coñecemento e formación de profesionais, así como de desenvolvemento de actividades en outras áreas e disciplinas, tales como o desenvolvemento de programas de mellora da calidade de estándares asistenciais, ou a avaliación e xestión de recursos humanos, entre outros sectores, mediante estadías temporais de persoal que presta servizos en centros asistenciais xestionados polas institucións hoxe representadas no acto.

As partes asinantes comprométense, mediante a sinatura, a facilitar ao persoal designado por cada institución a posibilidade de realizar estadías temporais de formación en centros xestionados polas mesmas, en áreas profesionais e de coñecemento tales como a práctica médica, terapias innovadoras, farmacia hospitalaria, coidados de enfermería, programas de mellora da calidade, avaliación e xestión de recursos humanos asistenciais, prevención de riscos profesionais e outras áreas de interese común.

Ademais, tamén as institucións asinantes impulsarán o intercambio de coñecementos no ámbito da medicina, mediante o desenvolvemento e organización de actividades científicas, docentes e de formación en temas específicos, utilizando as novas tecnoloxías da información e a comunicación, e impulsarán propostas conxuntas de estudios e investigación en saúde.

Os convenios foron asinados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e por Alberto Iglesias Rodríguez, presidente da Casa de Galicia en Uruguai; e Julio Martínez Pérez, xerente da Asociación Española Primeira de Socorros Mutuos. Ao acto da sinatura asistiu, tamén, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. 

716 lecturas