Miranda acompaña as e os primeiros 130 mozos beneficiarios do programa Conecta con Galicia no último tramo do Camiño de Santiago

Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel Toimil, acompañaron esta tarde as e os primeiros 130 mozos e mozas participantes no Conecta con Galicia no derradeiro tramo do Camiño de Santiago, dos que arredor de 70 son galegas e galegos do exterior e o resto, da Galicia territorial. O responsable do departamento autonómico renovou así o seu compromiso cos beneficiarios e benefeciarias deste programa do Goberno galego, cos que tivo oportunidade de reunirse nalgúns dos seus países de orixe e cos que xa percorrera o ano pasado parte da última etapa da Vía da Prata. As 130 mozas e mozos de entre 15 e 20 anos que formarán parte desta nova edición de Conecta con Galicia, que chegarán á comunidade en dúas quendas, proceden da Arxentina, O Uruguai, O Brasil, Venezuela e Cuba. O obxectivo desta iniciativa é fomentar os lazos de unión entre as mozas e mozos do exterior e os da Galicia territorial, así como coa súa terra de orixe.

En imaxes
427 lecturas