Novas
Buscador
- Miranda pide na novena Xuntanza da Emigración de Vilanova ás e aos galegos do exterior e ás e aos retornados que non esquezan nunca que Galicia os agarda sempre cos brazos abertos 20.07.2019 audio O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o secretario xeral da Emigración e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, presidiron o acto. A cita anual, organizada polo Concello e a Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, congregou no pavillón multiusos máis dun milleiro de... Máis información
- Santiago de Compostela é a cidade elixida para a celebración do duodécimo pleno do Consello de Comunidades Galegas, que se converterá na capital da Galicia exterior en decembro 19.07.2019 audio A anterior convocatoria tivo lugar na Habana en maio de 2016. O evento reunirá as e os representantes das máis dun cento de entidades galegas que hai espalladas polo mundo durante os días 3 e 4. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou sentirse “orgulloso de que a capital galega exerza de anfitrioa de todos os galegos... Máis información
- Miranda dá a benvida os 22 mozos e mozas de Venezuela que participarán na segunda quenda de 'Conecta con Galicia' no aeroporto da Coruña 18.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse este mediodía ao aeroporto de Alvedro para dar a benvida os 22 mozos galegos e galegas procedentes de Venezuela que van participar na segunda quenda de Conecta con Galicia. O programa do Goberno autonómico busca achegar as e os galegos de entre 15 e 20 anos residentes no... Máis información
- Feijóo anuncia o inicio da tramitación da nova Lei de Acción Exterior e Cooperación, que busca mellorar a proxección de Galicia e o máximo aproveitamento das potencialidades que se ofrecen no exterior 18.07.2019 audio Destaca que o Goberno galego continúa a executar as previsións de desenvolvemento lexislativo tramitando unha lei que “se adapta ao novo marco xurídico configurado por dúas leis estatais, a de acción Exterior do Estado e a de Tratados e outros acordos internacionais”. Sinala que o texto será sometido a exposición pública e será enviado e acordado... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reúnen nunha colección os clásicos da emigración do século pasado 17.07.2019 audio A compilación está integrada por unha ducia de títulos de diferentes xéneros literarios prologados por especialistas contemporáneos na materia. Antonio Rodríguez Miranda salientou que esta iniciativa pretende “servir de homenaxe aos centos de milleiros de galegos que estenderon Galicia polos cinco continentes”. Rosario Álvarez, pola súa banda,... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración achega as e os participantes de Escolas Abertas o patrimonio da Ribeira Sacra, candidata a ser Patrimonio da Humanidade 16.07.2019 audio A Secretaría Xeral da Emigración achegou o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra ás e aos 63 participantes nesta edición de Escolas Abertas, o programa do Goberno galego deseñado para actualizar os coñecementos das e dos docentes de disciplinas relacionadas coa cultura galega nas entidades galegas do exterior. Visitas ao Mosteiro de... Máis información
- A Xunta presenta a entidades e empresas do eido dos recursos humanos os detalles da nova convocatoria de Talento Sénior 15.07.2019 audio A segunda edición deste programa, cuxo prazo de solicitudes está aberto ata o 11 de agosto, permitirá a contratación de 14 profesionais con máis de cinco anos de experiencia en empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos. A través da primeira edición, contratáronse 10 profesionais de alta cualificación en sectores como TIC,... Máis información
- Miranda remata a súa visita á Comunidade Valenciana no Centro Galego de Valencia 14.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á súa visita á colectividade galega da Comunidade Valenciana no Centro Galego de Valencia. O responsable do departamento autonómico, que participou previamente en ámbolos dous actos celebrados no Centro Galego de Castelló e en Alacant, onde o sábado presidiu a celebración do... Máis información
- Miranda invita en Alacant a toda a colectividade galega de España e o exterior a celebrar “con orgullo e espírito de unidade” o Día de Galicia 13.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración presidiu o acto que congregou os galegos e galegas que residen nesta cidade alacantina. As tres provincias levantinas acubillan preto de 20.000 cidadás e cidadáns galegos de orixe, dos que o grupo máis numeroso é o coruñés, seguido do pontevedrés. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
- Miranda visita o Centro Galego de Castelló e anímao a seguir difundindo a cultura galega 12.07.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este mediodía o Centro Galego de Castelló “O Aturuxo”, onde mantivo un encontro coa súa directiva e os seus socios e socias. A continuación, o responsable do departamento autonómico desprazarase ata Valencia, cidade na que visitará as instalacións do Centro Galego da capital... Máis información
Páxinas |









