Novas
Buscador
- Miranda celebra o Nadal cos galegos e as galegas residentes en Madrid 22.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración asiste á celebración organizada en colaboración polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid e Federación de Centros Galegos. O evento reúne cada decembro na capital española ás e aos membros das distintas entidades e comunidades galegas con presenza en Madrid e provincia. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración incrementa preto dun 10% o orzamento das axudas individuais para galegas e galegos do exterior en situación de precariedade 21.12.2019 audio O departamento autonómico destina 2,75 millóns de euros en 2020 para uns apoios que contribúen a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos. A especial situación de Venezuela leva o Goberno galego a incrementar o esforzo que está a realizar cos galegos e as galegas... Máis información
- Miranda destaca que no último ano volveron á Coruña máis de 3.000 galegas e galegos do exterior na que foi “a mellor cifra de retorno de toda a década” 20.12.2019 audio Subliña que esta é a provincia con mellores cifras de cidadás e cidadáns galegos que volven á casa, con máis de 19.000 coruñesas e coruñeses que retornaron durante os últimos 10 anos. Sinala que esta nova infraestrutura dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente a todos os galegos que o desexen na súa volta á casa”.... Máis información
- A exposición 'Galicia, un relato no mundo' da Xunta pecha o seu primeiro mes cunha cifra récord de 12.000 visitantes 19.12.2019 audio O Museo Centro Gaiás está a recibir unha media de 442 visitantes por día para coñecer a primeira mostra internacional do Goberno galego polo Xacobeo 21. Con xornadas con máis dun milleiro de visitas, a exposición está a ter unha excepcional acollida entre o público, superando as cifras de ‘Castelao Maxistral’. Un total de 1.400 escolares de... Máis información
- Mensaxe co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante 18.12.2019 audio “Ao longo da historia da humanidade, a migración ten sido unha expresión valente da determinación individual de superar a adversidade e buscar unha vida mellor”. Estas palabras de António Guterres, secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, encabezan a carta da ONU con motivo deste Día Internacional da Persoa Migrante. Verbas que... Máis información
- Miranda salienta que a aposta da Xunta polo retorno estase a materializar nos “mellores datos da década” con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período 17.12.2019 audio Destaca que, “por primeira vez na historia, a oficina sae fóra de Santiago” nunha mostra do compromiso do Goberno galego co retorno: “Se o século XX foi o da emigración, queremos que o XXI sexa o do retorno”. Salienta que esta nova infraestrutura dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo... Máis información
- A Xunta destinará 1,3 millóns de euros a programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que se inclúen as emigrantes retornadas 16.12.2019 audio O investimento para 2020 increméntase en case un 43% con respecto ao orzamento inicial de 2019. O Consello da Xunta aprobou este xoves o investimento de 1,3 millóns de euros nas axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que poñan en marcha programas específicos de recursos integrais... Máis información
- Miranda adianta en Venezuela que as previsións sitúan en preto de 4.000 as familias galegas residentes no país que recibiron algún tipo de prestación social en 2019 15.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración participa nunha charla informativa sobre as liñas de apoio da Xunta de Galicia. Salienta que se concederon case medio milleiro de axudas extraordinarias ao retorno e máis de 1.100 axudas económicas individuais ante a “incerteza na que se atopa sumido o país”. Supervisa a campaña de entrega de medicamentos, dotada... Máis información
- Feijóo transmite o desexo de que as casas de Galicia de todo o mundo vivan o Xacobeo porque son “as nosas mellores embaixadas” 14.12.2019 audio Salienta que o próximo Ano Santo será unha festa sen fronteiras, tendo en conta que hai galegas e galegos repartidos por 137 países do mundo: “É imposible que non se trate dun acontecemento global”, di. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu hoxe o desexo da Xunta e do conxunto da Comunidade Autónoma de que as casas de Galicia de... Máis información
- Miranda invita ás mozas e mozos galegos residentes en Venezuela a “aproveitar as oportunidades de retorno que ofrece Galicia” 14.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración participa nun encontro coa mocidade galega no país suramericano no que fixo entrega das Compostelas ás e aos participantes na 30ª edición do Conecta con Galicia. Invita á xuventude galega en Venezuela a participar na próxima edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME e no programa de apoio ao retorno... Máis información
Páxinas |








