Novas
Buscador
- A Secretaría Xeral da Emigración apoiou de modo directo a máis de 1.000 familias no retorno a Galicia durante o 2019 21.01.2020 audio O programa de axudas extraordinarias facilitou o retorno a Galicia de 790 familias; grazas ás BEME, preto de 170 alumnas e alumnos están a cursar este ano un máster nalgunha das tres universidades galegas ou un ciclo de FP; e a liña para emprendedoras e emprendedores retornados permitiu chegar a case 60 familias. Investíronse máis de 3 millóns de... Máis información
- As e os estudantes retornados dispoñen de bolsas de ata 2.750 euros para cursar os seus estudos universitarios de grao 20.01.2020 audio A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a convocatoria de axudas destinados ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para facilitar os estudos ante causas sobrevidas. Esta liña forma parte da Estratexia Retorna 2020 que está a promover a Xunta de Galicia polo que teñen acceso a ela as e os... Máis información
- Case 60 emprendedoras e emprendedores galegos volveron a Galicia no 2019 grazas ao programa da Secretaría de Emigración de apoio ao retorno emprendedor 19.01.2020 audio O orzamento total destinado a esta liña medra ata superar os 341.000 euros, un 70% máis do previsto inicialmente. Ante a elevada demanda e o éxito de participación, o Goberno galego eleva neste 2020 o orzamento da orde ata os 400.000 euros, coa posibilidade de amplialo no caso de que sexa necesario. Desde a posta en marcha do programa, téñense... Máis información
- O Goberno galego activa tamén para as e os emigrantes retornados unha achega de preto de 24,5 M€ para apoiar ás e aos autónomos a emprender, crear emprego e conciliar 18.01.2020 audio Feijóo destaca que con estas medidas poderanse beneficiar máis de 7.000 autónomas e autónomos e traballadoras e traballadores e arredor de 545 empresas. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves na rolda de prensa do Consello que a Xunta activará nas próximas semanas axudas por preto de 24,5 M€ para axudar as... Máis información
- A Xunta destina 12 millóns a través de 4 programas para fomentar a contratación das galegas e os galegos retornados priorizando o seu acceso ao emprego 17.01.2020 audio As liñas céntranse na promoción do emprego feminino, no das persoas con discapacidade, nas paradas e os parados de longa duración e na economía social, contando as e os retornados en todos os casos cun 25% máis de apoio. As iniciativas enmárcanse na Estratexia Retorna 2020, dotada con 235 millóns de euros, dos que 220 son transversais de todos os... Máis información
- Miranda asiste en Madrid á homenaxe ao 150 aniversario da ‘Cántiga’ de Curros Enríquez popularmente coñecida como ‘Unha noite na eira do trigo” 16.01.2020 audio O secretario xeral da Emigración destaca o “incansable traballo” da musicóloga Estíbaliz Santamaría para poñer en valor a cultura e as cancións galegas da diáspora, da que esta obra é “un exemplo inmellorable”. Agradece a participación de dous músicos galegos de recoñecido prestixio internacional -o barítono Borja Quiza e a pianista Isabel Pérez... Máis información
- Educación blinda o acceso ás ensinanzas universitarias das e dos estudantes con dificultades económicas por causas sobrevidas, entre as que se inclúen a condición de persoa emigrante retornada 15.01.2020 audio A Consellería convoca estas bolsas, ás que destina unha contía global de 100.000 euros, que pode ser ampliada se o número de solicitudes o demanda. O importe das bolsas, en función da renda familiar, oscilará entre os 1.500 e os 2.750 euros. Entre o alumnado que pode solicitar estas bolsas atópase o colectivo de persoas emigrantes retornadas. A... Máis información
- A Xunta prioriza ás e aos emigrantes retornados no programa Aprol Economía Social, que destina máis de 3 M€ para impulsar o emprego en cooperativas e sociedades laborais 14.01.2020 audio A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases da convocatoria, que incrementa a súa dotación inicial en preto dun 50%. Apóiase a incorporación de novas e novos socios traballadores con axudas que poden alcanzar os 67.500 euros por entidade e ata 16.500 para cada novo socio ou socia. Prevese beneficiar a 100 cooperativas... Máis información
- Miranda anima á Casa de Galicia de Córdoba a aproveitar a riqueza da cultura galega para “achegala a todos os recunchos” 13.01.2020 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con representantes da entidade facendo un repaso das actividades levadas a cabo durante o 2019 e preparando as previstas para 2020. Agradece o seu esforzo a prol do irmandamento entre Galicia e Andalucía, que no último ano ten permitido impulsar distintas actividades culturais entre localidades... Máis información
- GaliciaAberta incrementou en 2019 nun 22,5% o seu número de usuarias e usuarios ata superar os 260.000 12.01.2020 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado preto de 385.000 visitas, o que supón un 17,5% máis ca no exercicio anterior. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman case 30.500 seguidoras e seguidores en todo o mundo, o que supón un incremento de preto do 20% respecto ao 2018. O novo portal de retorno sumou... Máis información
Páxinas |









