Novas
Buscador
- Galicia deixa pegada en Nova York: Miranda destaca co arquitecto galego de renome internacional no deseño de grandes proxectos museísticos, Jorge Martínez, o legado da emigración galega na arquitectura global 18.12.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co arquitecto galego Jorge Martínez, quen desenvolve o seu traballo dende a cidade de Nova York, unha urbe cunha fonda pegada galega grazas aos emigrantes que alí se asentaron. Entre outros proxectos, participou na actualización, reforma e museo do Empire State ou... Máis información
- A Xunta amplía un 25% o orzamento para as axudas ao autoemprego das persoas retornadas 17.12.2024 audio O DOG vén de publicar esta ampliación que permitirá cubrir a alta demanda do programa, que este ano concede 150 axudas grazas a este incremento. Ata a data, xa se puxeron en marcha preto de 800 proxectos, téndose investido máis de 5 millóns de euros en beneficio de persoas cunha media de idade de 41 anos. As subvencións ao autoemprego constitúen... Máis información
- Miranda no 40 Aniversario do Club de Periodistas Galegos en Madrid: “Sodes un exemplo de compromiso coa nosa terra, levando o nome de Galicia alén das nosas fronteiras” 16.12.2024 audio No acto realizouse a entrega dos Premios Galegos, que este ano recoñeceron á Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), ao Real Club Celta de Vigo e ao mago Luis Boyano, entre outras personalidades destacadas. Constituído en 1984, o Club de Periodistas Galegos en Madrid ten como obxectivo principal fomentar os valores da galeguidade no... Máis información
- A Xunta reforza a atracción de talento do exterior cunha nova convocatoria das Bolsas BEME por 2,55 M€ para que 250 mozos poidan cursar mestrados en Galicia 16.12.2024 audio O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á novena edición das bolsas de excelencia mocidade exterior (BEME), con novas prazas para o curso 2025/26 destinadas a galegos e galegas universitarios residentes no estranxeiro. A convocatoria para presentar as solicitudes abrirase nos próximos días. En virtude da orde aprobada hoxe, ofertaranse máis de 90... Máis información
- O secretario xeral da Emigración celebra o Nadal cunha xuntanza de galegos en Madrid para fortalecer os lazos 14.12.2024 audio Miranda asistiu este sábado a un encontro coa colectividade galega en Alcobendas e mañá domingo estará en Alcorcón. O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, participou este sábado no tradicional xantar de Nadal organizado pola asociación Xuntanza de Galegos en Alcobendas. Ao evento asistiron preto de 120... Máis información
- Case medio centenar de mozos galegos do exterior participan en Montevideo nun encontro sobre as Bolsas BEME da man da Delegada da Xunta 13.12.2024 audio A Secretaría Xeral da Emigración, a través da Delegación da Xunta de Galicia en Uruguai, organizou unha charla informativa aberta ao público sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Preto de 50 mozos galegos do exterior asistiron ao evento, onde se explicaron as claves para acceder a estas bolsas que facilitan a continuidade de... Máis información
- Preto de 8.500 persoas retornan a Galicia marcando un novo récord na serie histórica 12.12.2024 audio Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o saldo migratorio positivo de Galicia alcanza novamente cifras históricas en 2023, con 25.738 persoas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pon en valor que estes datos reflicten a eficacia das políticas de retorno da Xunta e evidencian que os galegos do exterior ven na... Máis información
- Máis de medio centenar de mozos galegos do exterior coñecen en Bos Aires as claves para acceder ás Bolsas BEME da man do Delegado da Xunta 11.12.2024 audio A Secretaría Xeral da Emigración, a través da Delegación da Xunta de Galicia en Arxentina, organizou unha charla informativa aberta ao público sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Máis de 50 mozos galegos do exterior asistiron ao evento, onde se explicaron as claves para acceder a estas bolsas que facilitan a continuidade de... Máis información
- A Xunta procurará o retorno de 200 galegos do exterior investindo 2,3 M€ no programa Retorna Cualifica Emprego con axudas para o acceso á vivenda 09.12.2024 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da segunda edición deste programa, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna. Búscanse resultados pegados a cada territorio detectando as necesidades de man de obra e afinando a selección en orixe das persoas con vontade de volver a Galicia ocupando esas vacantes, ofrecéndolles formación para... Máis información
- A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma unha ferramenta estratéxica para o impulso do emprendemento e a remuda xeracional 06.12.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto da Asociación Amigos de Venezuela Vigo, no que se outorgaron insignias a persoas emprendedoras. José González remarcou a aposta do Goberno galego pola integración sociolaboral dos emigrantes galegos -así como pola captación de traballadores de terceiros países-, a través de accións... Máis información
Páxinas |









