A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Zurich na celebración do 44 aniversario da Asociación Cultural As Xeitosiñas e do Día da Familia.

José González expresou o seu recoñecemento ao traballo desta asociación referente da galeguidade, que conta cun grupo propio de gaita e baile, ademais de ser unha das entidades promotoras do Camiño de Santiago no país helvético.

Reiterou o compromiso da Xunta co importante labor que realizan os centros galegos para seguir fornecendo os lazos da diáspora con Galicia e a súa contribución para achegar a cultura ás novas xeracións de galegos e galegas.

A visita realízase tan só uns días despois de rematar a viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai co obxectivo de reforzar a colaboración institucional con ambos países e ofrecer oportunidades laborais a quen desexe retornar.

  • A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
    A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
  • A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
    A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
  • A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
    A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
  • A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
    A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
  • A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
    A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa
Listen to this page using ReadSpeaker
Zúrich (Suíza), 15 de marzo de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde en Zurich na celebración do 44 aniversario da Asociación Cultural As Xeitosiñas —centro electo na área de Europa como membro da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas— e agradeceu o traballo desenvolvido nestas máis de catro décadas pola entidade presidida por José Gil Doval.

Durante a súa intervención, o conselleiro destacou que esta Asociación —constituída en 1981 e que conta na actualidade con preto de 250 socios— é unha referencia imprescindible da galeguidade en Europa e representa un exemplo paradigmático de preservación cultural a través do seu labor continuado a prol da promoción das tradicións e da cultura galegas, impulsando diversas accións vencelladas ao Entroido, o Día das Letras Galegas, o Día de Galicia, a Festa do Emigrante ou o Día da Familia —este último, conmemorado tamén na xornada de hoxe—. Nese senso, cómpre destacar que a entidade conta tamén desde a súa fundación cun grupo de gaita e de baile, actualmente conformado por preto de 50 integrantes, e é unha das entidades promotoras do Camiño de Santiago en Suíza.

Compromiso coa comunidade galega do exterior

A relevancia da comunidade galega en Suíza queda patente coas máis de 41.000 persoas galegas residentes neste estado, onde hai 13 centros galegos que figuran no Rexistro da Galeguidade e recoñecidos como comunidades galegas, entre eles o das Xeitosiñas.

José González reiterou o compromiso da Xunta co importante labor que realizan estas entidades para seguir fornecendo os lazos da diáspora con Galicia e destacou o seu papel ao longo destes anos mantendo os vencellos entre a comunidade galega asentada no país helvético e achegando a cultura ás novas xeracións de galegos e galegas.

A este respecto, o conselleiro lembrou que a Xunta sempre estará para apoiar á comunidade emigrante estea onde estea, tal e como se vén de demostrar coa recente viaxe realizada á Arxentina e ao Uruguai para reforzar a colaboración institucional con ambos países e ofrecer oportunidades a quen desexe retornar a través de diferentes medidas englobadas na Estratexia Galicia Retorna, dotada con 450 millóns de euros para favorecer ata o 2026 o regreso de 30.000 galegos e descendentes.

378 lecturas