Miranda destaca en Madrid o papel da Orde da Vieira como símbolo da galeguidade universal
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou no LVII Capítulo da Orde da Vieira, unha das citas máis relevantes dos galegos do exterior.
Miranda destaca en Madrid o papel da Orde da Vieira como símbolo da galeguidade universal
Miranda destaca en Madrid o papel da Orde da Vieira como símbolo da galeguidade universal
Miranda destaca en Madrid o papel da Orde da Vieira como símbolo da galeguidade universal
Miranda destaca en Madrid o papel da Orde da Vieira como símbolo da galeguidade universal
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Madrid no LVII Capítulo da Orde da Vieira, unha das citas máis relevantes dos galegos do exterior, que reúne cada ano a centos de persoas de diferentes ámbitos profesionais e lugares do mundo para celebrar a súa identidade e compromiso coa cultura e tradicións de Galicia.
Durante o acto, investíronse os novos cofrades —entre eles, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos— e entregáronse os recoñecementos aos Madrigallegos de Ouro e os Trofeos Galeguidade no Mundo. Rodríguez Miranda puxo en valor o labor da Orde da Vieira como punto de encontro da galeguidade universal e felicitou aos galardoados pola súa traxectoria e contribución á difusión dos valores e o prestixio de Galicia. Destacou especialmente a figura de Xosé Luís Blanco Campaña, homenaxeado este ano, recordándoo como unha referencia na comunicación e na cultura galega, e evocando as súas intervencións musicais na televisión.
O secretario xeral da Emigración animou aos asistentes a seguir levando con orgullo o nome de Galicia alí onde estean, subliñando que a Orde da Vieira representa á perfección ese espírito integrador dos galegos no mundo. Finalmente, concluíu facendo referencia ao himno da Orde, lembrando que a galeguidade é un sentimento que trascende fronteiras e que nos une a todos “de Galicia e para Galicia, por Galicia e por amor”.
Listado de premiados.
Na xornada recibiron os premios Madrigallegos de Ouro Antonio Palacios Ramilo —a título póstumo– ao mérito empresarial, José Manuel Otero Lastres ao mérito xurídico, Francisco García Rio ao mérito na sanidade, Carmen Andrade Perdrix ao mérito no servizo público, e Ángel Pelaez Poyán ao mérito na comunicación.
Pola súa parte, recibiron os Trofeos Galeguidade 2025 Xosé Luis Blanco Campaña, o IDIS -Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago e a Revista La Catedral de Santiago. Finalmente, a Vieira de Honra á calidade artística foi para Manoele de Felisa.
Novas relacionadas



