O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia

Este tipo de accións son fundamentais para informar de primeira man á colectividade galega no exterior sobre as posibilidades reais que existen para o seu regreso e sobre as potencialidades de formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

A viaxe incluirá diversas xornadas informativas, encontros no Centro Galego de México DF con empresarios galegos, universidades e o sector da hostalería.

O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia
O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia
O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 22 de marzo de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, xunto cunha delegación do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), viaxarán a México a vindeira semana para reunirse coa colectividade galega e con empresarios galegos neste país. O obxectivo principal desta visita é promover as oportunidades de retorno a Galicia e dar a coñecer as diferentes axudas que ten a Xunta de Galicia dirixidas aos galegos do exterior.

A viaxe incluirá diversas xornadas informativas, visita ao Centro Galego de México DF e encontros con empresarios ou universidades de hostalería para establecer futuras colaboracións en materia de mobilidade, investigación e docencia co CSHG.

Unha aposta pola formación e o retorno.

A visita a México enmárcase na Estratexia Galicia Retorna, ampliando o seu alcance ao sector turístico. Turismo de Galicia centrarase na promoción da formación do Grao en Xestión de Empresas Hosteleiras, o Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería, así como das bolsas que, por segundo ano consecutivo, convoca o CSHG para persoas galegas residentes no exterior.

391 lecturas