A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na entrega anual de galardóns organizada pola Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid.

José González recoñeceu o labor do presidente executivo de Redegal, Jorge Vázquez, premiado este ano, e destacou a contribución da empresa ourensá a situar a nosa Comunidade na vangarda dixital e tecnolóxica.

Ademais, destacou a contribución de Aegama fortalecendo os lazos de colaboración entre o tecido empresarial galego en Madrid e proxectando a imaxe de Galicia como unha terra de oportunidades e de futuro.

Reafirmou o compromiso da Xunta a prol do emprendemento, promovendo un ecosistema fértil onde agromen as ideas e se favoreza a innovación, o investimento e a internacionalización das nosas empresas.

  • A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
    A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
  • A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
    A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
  • A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
    A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
  • A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
    A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
  • A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
    A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 13 de marzo de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso, un galardón outorgado pola Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid (Aegama) que recoñece cada ano a personalidades destacadas no ámbito empresarial da Comunidade e que nesta ocasión lle foi concedido ao presidente executivo da firma tecnolóxica Redegal, Jorge Vázquez.

Durante a súa intervención, José González destacou a importante contribución de Aegama —entidade presidida por Julio Lage— fortalecendo os lazos de colaboración entre o tecido empresarial galego en Madrid, e tamén contribuíndo a visibilizar o talento emprendedor que atesoura a Comunidade e proxectando a imaxe de Galicia como unha terra de oportunidades e de futuro. Nese senso, e referíndose ao premio outorgado hoxe, sinalou que Redegal é o exemplo da Galicia innovadora que medra e compite no mercado global, situando á nosa Comunidade na vangarda dixital e tecnolóxica, pero sen perder de vista as súas raíces.

O conselleiro de Emprego reafirmou o firme compromiso da Xunta a prol do emprendemento, promovendo un ecosistema fértil onde agromen as ideas e se favoreza a innovación, o investimento e a internacionalización das nosas empresas como un dos piares do progreso de Galicia. Ademais, lembrou o apoio do Executivo galego ao labor que desenvolven as entidades galegas que traballan fóra da comunidade —como Aegama—, indicando que son fundamentais na proxección das capacidades galegas e na creación de oportunidades de negocio fóra das nosas fronteiras.

378 lecturas