A Delegada da Xunta en Uruguai acompaña a Yolanda Díaz Gallego na presentación do seu libro sobre a memoria da emigración galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 17 de marzo de 2025.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participou na presentación do libro "Decidín desvelar o proceso", da autora Yolanda Díaz Gallego, un acto celebrado no Patronato da Cultura Galega que contou coa intervención do Dr. Carlos Zubillaga Barrera. A obra, editada pola Xunta de Galicia, pon en valor a memoria e a cultura galega na emigración, afondando nos procesos históricos que marcaron a nosa colectividade no exterior.

A presenza da representante do Goberno galego reafirma o compromiso da Xunta co fomento da cultura e do patrimonio editorial galego no exterior. O evento serviu como punto de encontro para a comunidade galega en Uruguai, promovendo o coñecemento e a reflexión sobre a historia compartida entre Galicia e os seus emigrantes.

418 lecturas