Novas
Buscador
- A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 4 de maio 24.04.2021 audio A convocatoria da reunión, que será telemática, será a segunda do ano para permitir un contacto máis estreito e permanente nestes difíciles momentos. A reunión vai a permitir coñecer a situación das Comunidades Galegas no mundo e expoñer o desenvolvemento dos novos programas de axudas no contexto covid, así como a planificación das accións... Máis información
- Miranda compromete coa Sociedade Rosalía de Castro de Santos un acordo de colaboración por 15.000 euros para a atención socioasistencial a galegas e galegos residentes nesta cidade do Brasil 23.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo nas últimas horas unha videoconferencia co presidente desta entidade, Casto Vieitez Fernández. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo nas últimas horas unha reunión por videoconferencia co presidente da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Santos, Casto Vieitez Fernández... Máis información
- Miranda asiste á presentación do novo libro de Alberto Cacharrón, “Iter Sancti Iacobi” 23.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na tarde de onte na presentación do novo libro de Alberto Cacharrón, Iter Sancti Iacobi, no Teatro Principal de Ourense. Rodríguez Miranda destacou o traballo desenvolvido por Alberto Cacharrón, quen plasma nun libro as cuestións máis interesantes sobre a historia dos... Máis información
- Un emigrante galego retornado aproveita a súa experiencia en Suíza para por en marcha un obradoiro de reparación de reloxos en Abadín apoiado pola Xunta 22.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e do alcalde da localidade, José María López Rancaño, visitaron esta mañá o concello lucense. En 2020 beneficiáronse destas achegas un total de 94 novas e novos empresarios, dos que 6 son veciños dalgún concello da provincia. Desde... Máis información
- Emigración coñece un proxecto empresarial de almofadas antiengurras dun galego retornado apoiado pola Xunta 21.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá a un galego que regresou de Venezuela e recibiu unha axuda para o emprendemento da Xunta coa que creou a firma nunuku.com. A nova liña de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados xa se atopa aberta e contará cun orzamento de 800.000 euros. Dende a posta en... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega asinan un acordo para visibilizar o fenómeno migratorio 21.04.2021 audio O acordo suporá a posta en marcha de exposicións, difusión de actividades e traballos de catalogación de sociedades de emigrantes para incrementar a promoción, conservación e recuperación do patrimonio cultural galego. No acto estiveron presentes o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e a presidenta do Consello da Cultura... Máis información
- Miranda recibe ao expresidente do Club Español de Niteroi (Brasil) 20.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao expresidente do Club Español de Niteroi (Brasil), Joaquim Lopes Días, co obxectivo de saudarlle e trasladarlle o seu interese pola situación que está a vivir a colectividade nesta cidade brasileira. Joaquim Lopes destacou a continuidade da actividade do centro de... Máis información
- Emigración renova o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos gastronómicos e turísticos 19.04.2021 audio Esta semana descubriremos como se fabrica a androlla, así como unha experiencia de peregrinación feita por mulleres, e escoitaremos a música de Abe Rábade. Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia galegas, Música e Artes escénicas. A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a... Máis información
- Case 550 galegas e galegos do exterior solicitaron as Axudas Económicas Individuais da Secretaría Xeral da Emigración en Arxentina e Uruguai 18.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradece o labor desenvolvido pola Delegación da Xunta en ambos países para chegar a tódolos galegos e galegas que se atopaban nunha situación de vulnerabilidade. En 2020 foron 380 as solicitudes presentadas dende ambos países. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
- Emigración destina 45.000 euros á Fundación Fillos de Ourense (FundaOurense) de Venezuela para a atención a galegas e galegos en extrema necesidade socioeconómica neste país americano 17.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo nas últimas horas unha videoconferencia co presidente esta entidade, Francisco Álvaro Gómez García. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo nas últimas horas unha reunión por videoconferencia co presidente da Fundación Fillos de Ourense (FundaOurense) de Venezuela, a quen lle... Máis información
Páxinas |









