Miranda asiste á presentación do novo libro de Alberto Cacharrón, “Iter Sancti Iacobi”

  • Imaxe da presentación no Teatro Principal da cidade das Burgas
    Imaxe da presentación no Teatro Principal da cidade das Burgas
  • Imaxe da presentación no Teatro Principal da cidade das Burgas
    Imaxe da presentación no Teatro Principal da cidade das Burgas
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 23 de abril de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na tarde  de onte na presentación do novo libro de Alberto Cacharrón, Iter Sancti Iacobi, no Teatro Principal de Ourense.

Rodríguez Miranda destacou o traballo desenvolvido por Alberto Cacharrón, quen plasma nun libro as cuestións máis interesantes sobre a historia dos diferentes camiños de Santiago, dende o descubrimento da tumba do Apóstolo ata como xurdiu a indumentaria tradicional das e dos peregrinos, as ordes cabaleirescas e o propio significado das cunchas de vieira.

662 lecturas