Miranda recibe ao expresidente do Club Español de Niteroi (Brasil)

Imaxe da reunión celebrada hoxe na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada hoxe na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao expresidente do Club Español de Niteroi (Brasil), Joaquim Lopes Días, co obxectivo de saudarlle e trasladarlle o seu interese pola situación que está a vivir a colectividade nesta cidade brasileira.

Joaquim Lopes destacou a continuidade da actividade do centro de Niteroi coa nova directiva, aínda que lamentou que a situación da pandemia estea a limitar, en parte, as actividades e iniciativas da entidade dada a situación que vive Brasil coa covid-19.

781 lecturas