Novas
Buscador
- Xunta e AEGUSA acordan que Miami conte cun simbolo xacobeo que poña o Camiño de Santiago no skyline da cidade 04.09.2021 audio O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiron ao presidente da Asociación de Empresarios Galegos de EE.UU. (AEGUSA), José Manuel Brandariz, con quen analizaron vías de colaboración para a promoción do Xacobeo 21-22 en Miami. Nese senso, José Manuel Brandariz... Máis información
- O Consello da Cultura Galega e Emigración levan ao edificio Cenima de Foz a exposición "Inventio Mundi" que documenta a historia da navegación marítima galega 03.09.2021 audio A mostra poderase ver ata o próximo 15 de outubro e permitirá achegarse a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Miranda recordou que grazas a esta mostra lembramos o espírito emprendedor dos galegos que os levou a viaxar por todos os mares do mundo intentando dar a Galicia un papel preponderante... Máis información
- Miranda recibe a unha membro da directiva da Hermandad Gallega de Venezuela agradecendo o traballo desta entidade a través da súa Oficina de Atención Social 03.09.2021 audio O secretario xeral da Emigración solicitou a Valentina Cameán que trasladara a súa felicitación polo traballo realizado en prol da comunidade galega deste país. Pediulle que mantiveran o esforzo para garantir que se poida atender a tódalas familias galegas que están a presentar necesidades nestes intres no país caribeño. O responsable do... Máis información
- Emigración facilita a participación cidadá na tramitación da nova Estratexia Galicia Retorna 02.09.2021 audio A Secretaría Xeral inicia así o camiño da posta en marcha da nova iniciativa, que ten coma obxectivo atraer aos galegos e galegas do exterior na súa volta a Galicia, cun formulario para que as e os interesados presenten as súas propostas. A Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a tramitación da nova Estratexia Galicia Retorna facilitando... Máis información
- A Xunta atraerá o talento dixital das e dos galegos no exterior a través do portal GaliciaAberta 01.09.2021 audio O programa Retorna Dixital presenta nun único espazo a oferta de emprego neste eido dirixida a calquera persoa de Galicia residente no exterior e con interese en retornar. As empresas tecnolóxicas que se adhiran ao programa deberán promover a súa visibilidade entre as potenciais candidaturas e adquiren o compromiso de comunicar e actualizar as... Máis información
- Emigración lembra o remate do prazo do programa de formación e mentorización para mozos e mozas para a transición da vida académica á laboral 01.09.2021 audio O Goberno galego destina 450.000 euros a esta iniciativa que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 350 mozos e mozas que acaban de rematar os seus estudos. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 10 de setembro. Durante tres meses as e os participantes recibirán asesoramento... Máis información
- A Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zürich apoia o Xacobeo 21-22 a través do seu centro de restauración 31.08.2021 audio A Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zürich (Suíza) tamén apoia activamente o Xacobeo 21-22 a través do seu centro de restauración, e para iso, promociona o Camiño grazas ao material de traballo cos logos deste evento cos que xa contan as e os camareiros e cociñeiros do seu restaurante. Deste xeito, o equipo humano está xa a utilizar gorros... Máis información
- Miranda mantén unha reunión de traballo co Xacobeo e o Lar Galego de Sevilla de cara a apoiar as próximas actividades do centro na promoción do Camiño de Santiago 30.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión de traballo co director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, e o presidente do Lar Galego de Sevilla, José Antonio Otero, no marco da colaboración e apoio ás actividades de difusión do Xacobeo 21-22 que está a deseñar este colectivo do sur de España. Durante o encontro telemático, os tres... Máis información
- Miranda reúnese con José Luis Penedo, un referente da colectividade galega en Berlín 29.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración recibe no seu despacho a José Luis Penedo, un referente da colectividade galega en Alemaña. José Luis Penedo, quen reside actualmente en Berlín, analizou co secretario xeral da Emigración a situación da colectividade galega no país teutón e os avances que se están a dar de cara a normalizar o contacto no seu seo... Máis información
- A Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra promociona entre cidadás e cidadáns galegos e suízos o Xacobeo 21-22 a través do seu restaurante 29.08.2021 audio A Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra está a colaborar na promoción do Camiño de Santiago grazas ao material de traballo cos logos do Xacobeo 21-22 cos que xa contan as e os camareiros e cociñeiros do seu restaurante. Deste xeito, o equipo humano está xa a utilizar gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, enviado pola Secretaría... Máis información
Páxinas |









