Novas
Buscador
- Emigración e o Centro Galego de Lleida presentan o novo número da revista Xurdimento dentro da Semana Cultural da entidade catalá 18.02.2023 audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou onte na presentación do novo número da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Esta actividade, que se engloba dentro da Semana Cultural desta entidade, reuniu a un bo número de socias e socios e... Máis información
- Miranda comparte unha visita á Cidade da Cultura con medio cento de mozos e mozas do grupo do Estadio Español de Las Condes (Chile) 17.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu hoxe con medio cento de mozos e mozas pertencentes ao grupo do Estadio Español de Las Condes de Chile, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por España e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela. Deste xeito, esta... Máis información
- A figura de Castelao centra o acto do Centro Gallego de Montevideo ao que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez 17.02.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto cultural organizado polo Centro Gallego de Montevideo centrado na figura de Castelao. Baixo o título Castelao, un galego universal, un cento de asistentes puideron coñecer algo máis da figura e da obra do insigne escritor, político e debuxante galego. No acto estivo presente o... Máis información
- A Xunta destina 1,35M€ para axudar a que as entidades do exterior poidan continuar promocionando a cultura galega 16.02.2023 audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude. Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. O Diario Oficial de Galicia publica... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración e Casa de Galicia presentan, en Madrid, o libro “Arrieiros Somos” de Rubén Riós 15.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, presentaron esta tarde na capital de España o libro Arrieiros Somos do xornalista e actor Rubén Riós, inspirado nas vidas dos protagonistas da súa web homónima. O secretario xeral destacou a importancia de darlle voz “aos nosos... Máis información
- Emigración recolle as impresións sobre o retorno das e dos bolseiros BEME que están a cursar un máster na Universidade de Vigo 15.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron un encontro con estes alumnos e alumnas que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna. Na UVIGO están a estudar, grazas a esta bolsa de excelencia académica, 96... Máis información
- Miranda traslada no programa Bos Días da TVG a boa acollida entre a colectividade galega da Arxentina e do Uruguai das novas medidas que contempla a ERG2026 14.02.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou nas últimas horas, no programa Bos Días da TVG, a boa acollida entre a colectividade galega da Arxentina e do Uruguai das novas medidas que contempla a ERG2026, trala viaxe realizada a pasada semana a estes dous países onde residen case 223.000 galegas e galegos do exterior,... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai acompaña aos galegos e galegas do Centro Pontevedrés de Montevideo na celebración da súa romaría 14.02.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á romaría organizada polo Centro Pontevedrés de Montevideo acompañando a máis dun centenar de galegas e galegos socios desta entidade neste evento tradicional. Durante o mesmo, o Centro Pontevedrés ofreceu unha demostración da gastronomía galega como carne ao caldeiro, polbo á feira ou... Máis información
- Emigración convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 22 de febreiro 13.02.2023 audio O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 22 de febreiro, por vía telemática. Este encontro supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior. O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside... Máis información
- Rueda anuncia unha relación de irmandade entre a Xunta e a provincia arxentina de Córdoba para a difusión e promoción da ruta xacobea e o Camino del Cura Brochero 13.02.2023 audio Trátase de dúas rutas de peregrinación nas que a natureza, a historia e a cultura son as protagonistas. O Camino del Cura Brochero percorre a provincia de Córdoba a través de 240 quilómetros que seguen os pasos do sacerdote José Gabriel del Rosario Brochero a finais do século XIX. Ambas institucións colaborarán para impulsar lazos de irmandade... Máis información
Páxinas |









