Novas
Buscador
- Rueda destaca as políticas de retorno coma unha ferramenta para aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo e afrontar o reto demográfico 11.06.2024 audio Resalta o éxito da Estratexia Galicia Retorna, dotada de 450 M€, que logrou que a comunidade gañe habitantes nos últimos anos. Case 2.000 mozas e mozos galegos do exterior regresaron a Galicia para estudar un máster ou un ciclo de FP. Ademais das bolsas para formarse inclúense medidas para fomentar o emprendemento, axudas económicas ou unha rede... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai asiste á inauguración da exposición ‘Viaxeiros, mariños e migrantes’ 10.06.2024 audio A exposición Viaxeiros, mariños e migrantes da artista e neta de galegos, Agustina Villar, inclúe varias obras que pertencían á mutua Casa de Galicia. A mostra inaugurouse o pasado 25 de maio no Cabido de Montevideo nun acto que contou coa presenza da delegada da Xunta de Galicia, Elvira Domínguez. O propósito do Goberno de Montevideo con... Máis información
- Emigración inaugura no Brasil o novo Ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual 07.06.2024 audio Por primeira vez, o Ciclo de cine Mestre Mateo inclúe a entidades de carácter social, permitindo que as persoas destas institucións poidan acceder ao cine galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou o Ciclo de cine Mestre Mateo deste ano coa proxección da película Matria na Associação Recreio dos Anciãos. Esta... Máis información
- Miranda e o cónsul xeral en Río de Xaneiro fortalecen a colaboración para apoiar á colectividade galega nesta cidade 07.06.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co cónsul xeral de España en Río de Xaneiro, Ángel Vázquez Díaz de Tuesta, co propósito de "reforzar a colaboración entre as administracións española e galega". Nesta xuntanza, tratouse a situación actual do Brasil e da comunidade española, facendo especial fincapé... Máis información
- Emigración convoca o programa “Reencontros con Galicia” para 200 galegas e galegos do exterior para que coñezan a realidade galega e o encontro cos seus familiares 06.06.2024 audio O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación das persoas maiores de 65 anos vinculadas ás entidades galegas en América no programa “Reencontros con Galicia”, que ofrece 200 prazas co obxectivo de facilitar a estas persoas o contacto coa realidade galega e o encontro... Máis información
- Miranda alenta á Casa de España de Río de Xaneiro a que continúe a ser o nexo de conexión da comunidade española en Río, en particular a galega 06.06.2024 audio A Casa de España, unha entidade sen ánimo de lucro, ten como obxectivo principal servir de vínculo entre a comunidade galega, preservando a cultura e a lingua galegas. A Xunta ten unha colaboración decidida coa Casa de España para que siga presentado servizos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coas e... Máis información
- Emigración comprométese en reforzar o seu apoio no proceso de ampliación de servizos e usuarios da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro para a atención socioasistencial a galegas e galegos residentes en São Paulo 06.06.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo onde se comprometeu en reforzar o seu apoio no proceso de ampliación de servizos e persoas usuarias da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro para a atención socioasistencial a galegas e galegos residentes nesta populosa... Máis información
- Miranda reúnese co cónsul xeral de España en São Paulo para reforzar o apoio ás comunidades galegas no exterior 05.06.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co cónsul xeral de España en São Paulo, Pablo Montesino-Espartero Velasco, co obxectivo de "afondar na necesaria coordinación entre as administracións española e galega". Durante a reunión, abordouse a situación actual do país e da colectividade española, e máis... Máis información
- Miranda destaca a colaboración cultural con Brasil tras reunirse coa Sociedade Hispano Brasileira de São Paulo 05.06.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa directiva da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instruçao en São Paulo. Durante o encontro, Miranda informou sobre os diversos programas da Secretaría Xeral, abarcando aspectos sociais, económicos e culturais, así como o seu seguimento. Ademais, analizaron a... Máis información
- Estudantes de galego en Londres participan en Galicia no programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta 05.06.2024 audio Ténselles preparado un amplo abano de actividades vencelladas coa cultura, arquitectura e natureza en diferentes cidades e vilas galegas. Unha vintena de rapaces e rapazas, dos case medio cento que estudan galego no Instituto Cañada Blanch de Londres, están a visitar Galicia a través do programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta a... Máis información
Páxinas |









