Emigración comprométese en reforzar o seu apoio no proceso de ampliación de servizos e usuarios da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro para a atención socioasistencial a galegas e galegos residentes en São Paulo
Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo onde se comprometeu en reforzar o seu apoio no proceso de ampliación de servizos e persoas usuarias da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro para a atención socioasistencial a galegas e galegos residentes nesta populosa cidade brasileira acollidos no seu centro de día.
Esta entidade sen ánimo de lucro posúe, dende 1983, un centro de asistencia social que ten como finalidade promover o apoio socioasistencial e de acollida para persoas maiores e dependentes a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistenciais, para procurar unha lonxevidade saudable. Entre as súas actividades primordiais, atópase a prestación de atención social á colectividade de emigrantes galegos e galegas e descendentes que se atopen nunha situación de necesidade, na súa maior parte debido ás circunstancias socioeconómicas nas que viven.
A Secretaría Xeral da Emigración estima que é necesario colaborar con esta institución posto que é a única entidade en São Paulo que presta este tipo de servizos á comunidade galega.
Novas relacionadas