Rueda destaca as políticas de retorno coma unha ferramenta para aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo e afrontar o reto demográfico
Resalta o éxito da Estratexia Galicia Retorna, dotada de 450 M€, que logrou que a comunidade gañe habitantes nos últimos anos.
Case 2.000 mozas e mozos galegos do exterior regresaron a Galicia para estudar un máster ou un ciclo de FP.
Ademais das bolsas para formarse inclúense medidas para fomentar o emprendemento, axudas económicas ou unha rede de centros de asesoramento.
O presidente da Xunta participou na entrega de diplomas aos bolseiros de másteres universitarios BEME e Formación Profesional Retorna Talento FP

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta tarde as políticas de retorno coma unha ferramenta clave para “aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo”, afrontar o reto demográfico e aumentar a competitividade de Galicia.
Durante o acto de entrega dos diplomas aos bolseiros de másteres universitarios BEME (Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior) e Formación Profesional Retorna Talento FP que este ano ampliaron a súa formación en Galicia, salientou o éxito da Estratexia Galicia Retorna, que consta dun cento de medidas coas que se busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior, e que está servindo de exemplo para outras autonomías.
Entre esas iniciativas están as máis de 350 bolsas que ofrece cada ano a Xunta para que galegos no exterior regresen á comunidade a estudar un máster ou un ciclo de Formación Profesional. Un total de 2.000 mozas e mozos retornaron xa a Galicia a través destas axudas e moitos accederon ao mercado laboral e decidiron asentarse na comunidade.
Ademais, Rueda agradeceu a colaboración “das tres magníficas universidades públicas galegas”, que contribúen a facer posible que “entre todos, poidamos seguir construíndo Galicia, desde tantos países e tamén desde aquí”.
A Estratexia Retorna, dotada de 450 millóns de euros, inclúe axudas económicas para facilitar o regreso, programas para fomentar o emprendemento ou unha rede de Oficinas de asesoramento nas que recibir información sobre vivenda, educación, sanidade ou emprego.
Novas relacionadas