A delegada da Xunta no Uruguai asiste á inauguración da exposición ‘Viaxeiros, mariños e migrantes’
A exposición Viaxeiros, mariños e migrantes da artista e neta de galegos, Agustina Villar, inclúe varias obras que pertencían á mutua Casa de Galicia. A mostra inaugurouse o pasado 25 de maio no Cabido de Montevideo nun acto que contou coa presenza da delegada da Xunta de Galicia, Elvira Domínguez.
O propósito do Goberno de Montevideo con esta exposición é celebrar os 300 anos da fundación da capital do Uruguai, o porto máis natural do Río da Prata onde chegaron milleiros de emigrantes europeos, entre eles e elas, e quizais a maior colectividade, a galega. Todos os ingredientes da morriña galega están presentes nunha exposición coa que Agustina Villar busca “reflexionar sobre a construción da nosa memoria persoal e colectiva, así como a capacidade de tecer recordos e rescatalos da escuridade”.
Novas relacionadas




