Os galegos do exterior poderán participar por primeira vez no ‘Xuventude Crea’

A Secretaría Xeral da Emigración financia o desprazamento dos galegos do exterior que accedan a fase final.

Os gañadores poderán acceder a un programa de formación e mentoring a través dos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, co fin de desenvolver os seus proxectos artísticos.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase este mércores a través da sede electrónica da Xunta e estará dispoñible ata o 10 de outubro.

Os galegos do exterior poderán participar por primeira vez no ‘Xuventude Crea’
Os galegos do exterior poderán participar por primeira vez no ‘Xuventude Crea’
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 10 de setembro de 2024.

A Xunta de Galicia vén de aprobar a decimoquinta edición do programa Xuventude Crea, que este ano se presenta con importantes novidades orientadas a fortalecer a proxección do talento xuvenil en diversos ámbitos artísticos. Unha das novidades máis destacadas é que, por primeira vez, os galegos residentes no exterior poderán participar neste certame, que se consolida como un referente no panorama cultural galego.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza nesta edición a transversalidade e a coordinación entre diferentes departamentos do Goberno galego, como a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Grazas a este enfoque, os galegos residentes fóra poderán non só presentar os seus traballos, senón que, de chegar á final, terán a oportunidade de viaxar a Galicia.

Este ano, o Xuventude Crea 2024 amplía as súas categorías, pasando de 14 a 16. Incorpóranse as modalidades de DJ e creación de contido, atendendo aos novos intereses da mocidade.

A Secretaría Xeral da Emigración financiará o desprazamento dos galegos residentes no exterior que accedan á fase final de certames e competicións de relevancia para Galicia. Ademais, os gañadores poderán acceder a un programa de formación e mentoring a través dos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, co fin de desenvolver os seus proxectos artísticos.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase este mércores a través da sede electrónica da Xunta e estará dispoñible ata o 10 de outubro. Esta é unha oportunidade única para que a mocidade galega, tanto en Galicia como no exterior, poida amosar o seu talento e contribuír ao enriquecemento cultural da comunidade.

518 lecturas