Miranda agradece ao Centro Galego de Málaga o seu labor para levar a cultura e a tradición galegas aos espazos públicos da capital andaluza

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 5 de setembro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o compromiso do Centro Galego de Málaga na promoción e difusión da cultura e das tradicións galegas na cidade. Durante a reunión mantida co presidente da entidade, Alfonso Bermúdez Virgós, o secretario expresou o seu agradecemento polos esforzos realizados para achegar a riqueza cultural galega non só aos galegos e galegas residentes na provincia, senón tamén a todos os malagueños e visitantes.
 
Rodríguez Miranda reafirmou o apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas desenvolvidas pola comunidade galega en Málaga, subliñando a importancia de seguir levando as actividades culturais a distintos espazos públicos da cidade. "É fundamental que os galegos sigan compartindo as súas tradicións coa sociedade na que están integrados, para que a nosa cultura siga viva e se enriqueza co intercambio constante", sinalou o secretario xeral.
 
Ademais, Miranda alentou á comunidade galega a continuar coa súa labor de difusión cultural, destacando que cada acción neste sentido contribúe a fortalecer os lazos entre Galicia e Andalucía, promovendo un entendemento e respecto mutuos.

329 lecturas