Novas
Buscador
- A Xunta potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha liña de axudas de 1 M€ 30.01.2025 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes abrirá o vindeiro 7 de febreiro e prolongarase ata o 30 de setembro. As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade. Só no último ano, resolvéronse favorablemente... Máis información
- Miranda reforza os lazos coa colectividade galega en Bos Aires e Montevideo e impulsa novas iniciativas de retorno durante a súa viaxe a Arxentina e Uruguai 28.01.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou unha axenda institucional e social en Bos Aires e Montevideo, na que se reforzaron os lazos coa colectividade galega residente en Arxentina e Uruguai. Durante varios días, mantivo reunións con representantes diplomáticos, medios de comunicación e entidades galegas, co... Máis información
- As axudas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior chegan aos 635.000 euros 28.01.2025 audio A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e tamén de carácter cultural. O prazo de presentación das solicitudes será de un mes. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova... Máis información
- A Xunta consolida a aposta polo talento e experiencia dos emprendedores retornados cunha nova achega de 1 M€ para apoiar máis de 100 proxectos co foco no rural 27.01.2025 audio O Consello da Xunta analizou hoxe o informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co balance da última década desta liña de axudas, orientada a fomentar o autoemprego como vía de retorno dos galegos do exterior. O programa leva destinados 5,4 M€ ao apoio de 810 emprendedores espallados por 200 concellos, o 70 % con experiencia no seu... Máis información
- A colectividade galega en Uruguai promove o Camiño de Santiago a través dunha andaina simbólica en Montevideo 26.01.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, e membros da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago uniuse a un grupo de participantes de edicións anteriores do programa “Conecta con Galicia”, beneficiarios de “Reencontros” do pasado ano e mozos... Máis información
- Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia” 25.01.2025 audio No encontro celebrado no Centro Galego de Montevideo participaron a cónsul xeral de España en Uruguai, María Victoria Scola Pliego; e a delegada da Xunta de Galicia en Montevideo, Elvira Domínguez. O secretario xeral da Emigración reuniuse hoxe con mozos galegos participantes nos programas da secretaría xeral de Emigración para reforzar o... Máis información
- Miranda avanza nun encontro cos medios de prensa en Bos Aires a organización en marzo dunha Feira de Emprego en Arxentina e Uruguai 25.01.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nun encontro cos medios de prensa en Bos Aires, onde presentou as grandes liñas de actuación da Xunta de Galicia no ámbito do apoio á colectividade galega no exterior. O secretario xeral avanzou que a principios do próximo mes de marzo se organizará unha Feira de Emprego... Máis información
-
Miranda reúnese co embaixador de España en Arxentina para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos do exterior
24.01.2025
audio
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co embaixador de España na República Arxentina, Joaquín de Arístegui Laborde, no que abordaron diversos temas de interese común para a colectividade galega residente neste país. Durante a reunión, que tivo lugar na sede diplomática, Miranda destacou a relevancia...
Máis información
- Miranda destaca en Madrid o labor de ASOMEGA no apoio aos profesionais galegos do sector sanitario en todo o mundo 23.01.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro en Madrid co presidente da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA), Julio Ancochea, e tesoreiro da asociación para coñecer de primeira man a intensa actividade que esta entidade desenvolve tanto no territorio español como no apoio aos galegos do sector sanitario en... Máis información
- A Xunta abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para a mocidade galega residente no exterior 22.01.2025 audio O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con bolseiros BEME do curso 2024-2025, a decana da facultade e unha profesora dun dos másteres para destacar o impacto desta medida no retorno e na formación cualificada. As 250 axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, chegan ata acadar bolsas... Máis información
Páxinas |









