As axudas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior chegan aos 635.000 euros

A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e tamén de carácter cultural.

O prazo de presentación das solicitudes será de un mes.

Centro Galicia de Bos Aires (Arxentina)
Centro Galicia de Bos Aires (Arxentina)
Programas 2024 de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos dos centros galegos no exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 28 de xaneiro de 2025.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito orzamentario de 635.000 euros e que se destinará á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións para que teñan as mellores condicións y equipamento o máis axeitado e modernizado para poder realizar as suas actividades.

Pódense acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros de estudo e difusión da cultura galega.

A convocatoria distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e cultural, que inclúe aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así por unha banda, a relación coa Administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes.

Desde a Secretaría Xeral da Emigración enfatizan a importancia de continuar apoiando e colaborando coas nosas entidades. Recordan que o obxectivo de asegurar que teñan os recursos necesarios non só para o seu funcionamento, senón tamén para manter infraestruturas adecuadas que faciliten a mellor atención aos galegos e galegas residentes no estranxeiro.

465 lecturas