Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”

No encontro celebrado no Centro Galego de Montevideo participaron a cónsul xeral de España en Uruguai, María Victoria Scola Pliego; e a delegada da Xunta de Galicia en Montevideo, Elvira Domínguez.

  • Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
    Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
  • Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
    Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
  • Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
    Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
  • Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
    Miranda impulsa o vínculo da mocidade galega en Arxentina e Uruguai no encontro con participantes de edicións anteriores de “Conecta con Galicia”
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 25 de xaneiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración reuniuse hoxe con mozos galegos participantes nos programas da secretaría xeral de Emigración para reforzar o mantemento dos vínculos coa terra conformando un auténtico “Reconecta con Galicia”, un programa que promove o reencontro de mozos galegos no exterior, especialmente aqueles que xa formaron parte das anteriores edicións de “Conecta con Galicia”. 

Durante o encontro, no que tamén participaron a cónsul xeral de España en Uruguai, María Victoria Scola Pliego; e a delegada da Xunta de Galicia en Montevideo, Elvira Domínguez; puideron intercambiar experiencias, reflexións e impresións sobre a súa estancia en Galicia para ir adaptando a realidade dos programas ao que realmente reclaman os galegos do exterior. 

O evento tamén serviu de contacto interxeracional, xa que tamén participaron os maiores galegos do programa de “Reencontros”, dando lugar a un enriquecemento interxeracional mutuo.

O secretario xeral aproveitou a ocasión para agradecer o seu compromiso coa terra de orixe e para poñer en valor a súa participación nas diferentes iniciativas orientadas a fortalecer os lazos con Galicia. A súa implicación representa un activo esencial para a dinamización cultural e social na colectividade galega de Arxentina, axudando a manter viva a conexión coas raíces galegas.

Ademais, informou de que xa está aberta a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), destinadas a facilitar a formación de posgrao en Galicia e incentivar o retorno do talento novo. Animou a todas as persoas interesadas a consultar as bases e prazos de inscrición para aproveitar esta oportunidade e seguir construíndo pontes entre a mocidade galega no estranxeiro e a comunidade autónoma.
 

495 lecturas