Novas
Buscador
- Miranda recibe no complexo histórico de San Martiño Pinario os 135 emigrantes galegos e galegas residentes en América beneficiarios dos “Reencontros na Terra” 2018 09.10.2018 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coas e cos maiores trala súa visita á Catedral e antes da vista guiada pola capital galega e do seu regreso á residencia do Carballiño. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá en Santiago de Compostela os 135 beneficiarios e beneficiarias da convocatoria... Máis información
- Miranda aplaude a colaboración entre os centros galegos da rexión brasileira de Santos como fórmula para complementar os seus ámbitos de actuación 08.10.2018 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse con Manuel Enríquez, que ostenta responsabilidades tanto na sociedade Rosalía de Castro como no centro Español y de Repatriación. Ambas entidades manteñen unha sinerxía que lles permite abranguer tanto a atención social das cidadás e dos cidadáns galegos residentes no Brasil como as súas actividades... Máis información
- Feijóo anima a todos os galegos e galegas a a visitar Castelao Maxistral, unha mostra que marcará un fito nas exposicións do Gaiás coa obra intemporal e universal dun dos grandes “xenios” de Galicia 05.10.2018 audio Salienta que as e os visitantes poderán desfrutar do que se ten denominado o Guernica galego e ter unha visión panorámica do ensino, ao tratarse dun recordatorio do papel da educación no fomento da convivencia. Incide na necesidade de transmitir aos mozos e mozas que acudan a esta mostra unha reflexión que se inspira nesta obra mestra de Castelao... Máis información
- Miranda despide en Ourense aos socios e socias do Centro Galego de Santander, que poñen fin na capital ourensá á súa visita a Galicia 04.10.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá en Ourense aos socios e socias do Centro Galego de Santander, con quen mantivo un breve encontro. Alí recibiunos o alcalde da cidade das Burgas, Xesús Vázquez, quen lles explicou a historia do edificio que acolle a Casa Consistorial e invitounos a visitar o salón de... Máis información
- Miranda recibe a segunda quenda de participantes nos “Reencontros na Terra” 2018, que traerán a Galicia 135 maiores residentes en América 04.10.2018 audio Trala chegada onte de máis de 80 beneficiarias e beneficiarios procedentes da Arxentina, Brasil e Cuba, ao longo do día de hoxe aterraron en Vigo preto de 60 desde O Uruguai, Rio de Xaneiro e Venezuela. As e os emigrantes, nacidos en Galicia, gozarán de 15 días de actividades variadas nunha residencia do Carballiño e da posibilidade de pasar ata... Máis información
- Miranda dá a benvida en Madrid ás e aos 72 participantes nos “Reencontros na Terra” 2018 procedentes da Arxentina, que foron recibidos en Peinador por persoal da Secretaría 03.10.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a escala que fixo en Madrid na súa viaxe de volta desde Venezuela para dar a benvida persoalmente ás e aos máis de 70 participantes do programa “Reencontros na Terra” 2018 procedentes da Arxentina. As beneficiarias e beneficiarios galegos residentes no país andino que se... Máis información
- Miranda pon fin á súa viaxe a Venezuela coa reunión de seguimento do Padroado da Fundación España Salud (FES) 03.10.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á súa viaxe a Venezuela coa asistencia á reunión celebrada polo Padroado da Fundación España Salud (FES). O responsable do departamento autonómico rematou así a terceira visita que realizou no que vai de ano ao país suramericano. Durante a xuntanza as e os representantes das... Máis información
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Secretaría Xeral da Emigración achegan a preto de trescentas empresarias e empresarios galegos de Venezuela as oportunidades de investimento existentes en Galicia 02.10.2018 audio Miranda e Yeste puxeron fin en Caracas á rolda de reunións con parte do tecido empresarial galego interesado en estender o seu negocio á súa terra de orixe. Os representantes do Goberno galego realizaron un balance “máis ca positivo” da viaxe, que busca cumprir co compromiso que a Xunta ten cos galegos e as galegas do exterior. O secretario xeral... Máis información
- Miranda lembra ás mozas e aos mozos galegos de Venezuela a responsabilidade que formar parte do Camiño de Santiago lles deu como embaixadores da súa terra de orixe de cara ao 2021 01.10.2018 audio O secretario xeral da Emigración presidiu o acto de inicio do curso do Colexio Castelao da Hermandad Gallega de Caracas e entregou as Compostelas ás e aos participantes do programa Conecta con Galicia . O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicou a parte central da súa viaxe a Venezuela, a terceira que realiza este ano ao... Máis información
- Miranda intensifica a campaña de distribución de medicamentos en Venezuela para os estados periféricos da capital a través de xornadas específicas de difusión do programa 30.09.2018 audio O secretario xeral da Emigración acudiu aos centros galegos de Valencia e Maracay para participar nunha sesión especial de apoio á tramitación de receitas para galegas e galegos sen recursos. O responsable autonómico aproveitou a súa visita a ambas cidades da costa venezolana para reunirse coas e cos responsables e traballadores e traballadoras... Máis información
Páxinas |









