Miranda recibe a segunda quenda de participantes nos “Reencontros na Terra” 2018, que traerán a Galicia 135 maiores residentes en América

Trala chegada onte de máis de 80 beneficiarias e beneficiarios procedentes da Arxentina, Brasil e Cuba, ao longo do día de hoxe aterraron en Vigo preto de 60 desde O Uruguai, Rio de Xaneiro e Venezuela.

As e os emigrantes, nacidos en Galicia, gozarán de 15 días de actividades variadas nunha residencia do Carballiño e da posibilidade de pasar ata un mes máis coas súa familias na comunidade autónoma.

  • Imaxe da chegada esta mañá ao aeroporto de Vigo das e dos participantes procedentes do Uruguai
    Imaxe da chegada esta mañá ao aeroporto de Vigo das e dos participantes procedentes do Uruguai

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, vén de recibir no aeroporto de Peinador a segunda quenda de participantes no programa “Reencontros na Terra”, desenvolvido coa colaboración da Consellería de Política Social. Trala chegada onte das e dos beneficiarios procedentes de Bos Aires, São Paulo, Salvador de Baía e La Habana, que superan os oitenta, ao longo do día de hoxe aterrarán nas instalacións aeroportuarias de Vigo as e os preto de 60 que o voarán procedentes de Montevideo, Rio de Xaneiro e Caracas tras facer escala en Madrid. En total, son 135 as e os emigrantes nacidos en Galicia e as súas e os seus acompañantes os que gozarán do intenso programa de actividades deseñado pola Secretaría Xeral da Emigración.

Entre os pasaxeiros e pasaxeiras do voo procedente do Uruguai atópanse algunhas cidadás e cidadáns galegos que non regresaran a Galicia, onde foron nados a mediados do século pasado, desde hai máis de seis décadas. Nalgúns casos, as e os emigrantes saíron con pouco máis dun ano de idade e noutros, con algúns máis. “É un orgullo poder ser testemuña directa do reencontro destes galegos coa súa terra de orixe, a que os viu nacer e partir, na maioría dos casos sendo apenas nenos, e que hoxe lles dá a benvida cos brazos abertos e o corazón un pouco encollido de emoción”, recoñeceu Miranda.  

Nacidas e nacidos en Galicia e residentes en América
O obxectivo do programa “Reencontros na Terra” é permitir aos participantes redescubrir, non só as súas raíces, tanto de tipo cultural e social como familiar, senón ademais poñerse en contacto coa realidade do seu país de orixe mediante actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas familias, e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes. Aínda que todas as e todos os participantes deben ter 65 ou máis anos de idade, condición sine qua non para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra.

O programa desenvólvese ao longo de ata 45 días, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas, na residencia da Consellería de Política Social no Carballiño, en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas aos participantes, e con excursións a distintos lugares para un mellor coñecemento da Galicia actual. Entre os destinos das visitas planeadas inclúense Ourense, Allariz, O Carballiño, Ribadavia, Celanova e Santiago de Compostela, onde realizarán un percorrido pola zona monumental. A segunda fase consiste nunha estadía coas súas e cos seus familiares de Galicia ata un máximo de 45 días. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitos dos beneficiarios e beneficiarias unha oportunidade única de atopar as súas raíces máis senlleiras e persoais, e redescubrir as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

A celebración o pasado mes de xullo de “Reencontros na Casa”, que ofreceu a oportunidade a 80 maiores galegas e galegos de achegarse a Galicia para pasar ata mes e medio coas súas familias, eleva o número total de beneficiarios destes programas a 215 galegas e galegos maiores residentes no exterior só en 2018.

1023 lecturas