Miranda dá a benvida en Madrid ás e aos 72 participantes nos “Reencontros na Terra” 2018 procedentes da Arxentina, que foron recibidos en Peinador por persoal da Secretaría

  • Imaxe da chegada ao aeroporto vigués de Peinador
    Imaxe da chegada ao aeroporto vigués de Peinador
  • Imaxe da chegada ao aeroporto vigués de Peinador
    Imaxe da chegada ao aeroporto vigués de Peinador
  • Miranda, en Madrid, con algúns dos participantes
    Miranda, en Madrid, con algúns dos participantes
  • Miranda, en Madrid, con algúns dos participantes
    Miranda, en Madrid, con algúns dos participantes
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a escala que fixo en Madrid na súa viaxe de volta desde Venezuela para dar a benvida persoalmente ás e aos máis de 70 participantes do programa “Reencontros na Terra” 2018 procedentes da Arxentina. As beneficiarias e beneficiarios galegos residentes no país andino que se están a beneficiar desta nova convocatoria chegaron a primeira hora da mañá ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid, onde recibiron o saúdo do responsable autonómico.

Á súa chegada ao aeroporto de Peinador, os primeiros e as primeiras participantes do programa “Reencontros na Terra” 2018 en chegar en Galicia foron recibidos por representantes da Secretaría Xeral da Emigración antes de ser trasladados á Residencia do Carballiño de Maiores con Autonomía, onde residirán e realizarán diversas actividades durante os vindeiros quince días. Nas próximas horas aterrarán en Vigo as e os beneficiarios procedentes de São Paulo, Salvador de Baía e A Habana, e mañá farano as e os do Uruguai, entre outros.

894 lecturas