Miranda recibe no complexo histórico de San Martiño Pinario os 135 emigrantes galegos e galegas residentes en América beneficiarios dos “Reencontros na Terra” 2018

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coas e cos maiores trala súa visita á Catedral e antes da vista guiada pola capital galega e do seu regreso á residencia do Carballiño.

Antonio Rodríguez Miranda, cos e coas 135 participantes na edición de 2018 dos Reencontros na Terra
Antonio Rodríguez Miranda, cos e coas 135 participantes na edición de 2018 dos Reencontros na Terra
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá en Santiago de Compostela os 135 beneficiarios e beneficiarias da convocatoria deste ano do programa “Reencontros na Terra”, que aterraron en Galicia a pasada semana. O responsable autonómico mantivo un encontro coas e cos maiores galegos, procedentes da Arxentina, O Brasil, O Uruguai, Venezuela e Cuba, durante a visita que levaron a cabo ao histórico complexo de San Martiño Pinario, situada na zona monumental de Santiago de Compostela e fronte á Catedral, que acolle desde finais do século XVI os peregrinos e peregrinas que acoden visitar a tomba do Apóstolo. 

Tralo xantar celebrado no monumento compostelán, as e os participantes nesta nova edición do programa da Secretaría Xeral da Emigración gozaron dunha visita guiada pola capital galega antes de regresar á Residencia do Carballiño para Maiores con Autonomía, dependente da Consellería de Política Social, onde permencerán ata o vindeiro mércores. Unha vez transcorridas as dúas semanas de estadía nas instalacións da Xunta, os beneficiarios e beneficiarias desta iniciativa do Goberno galego que teñan familiares en Galicia poderán permanecer con eles ata un máximo de trinta días máis.

620 lecturas