Novas
Buscador
- Miranda e a Asociación de Casas de Galicia de Barcelona analizan o labor realizado por esta entidade durante estes dous anos en Cataluña na promoción do Xacobeo 21.11.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia na que analizaron o labor realizado por esta entidade durante estes dous anos en Cataluña na promoción do Xacobeo. Na reunión estiveron presentes Marisol Pérez, José Ramón Regueira e Manoel... Máis información
- As delegacións da Xunta da Arxentina e Uruguai e Xabier Díaz colaboran na formación musical dos galegos e galegas residentes en ambos países 21.11.2022 audio O músico coruñés levou a cabo diversas masterclass así como un concerto en Rosario invitado polo Centro Gallego na Feira Nacional de Colectividades desta cidade. A Secretaría Xeral da Emigración e o músico galego Xabier Díaz colaboraron nas últimas semanas na formación musical dos galegos e galegas residentes en Arxentina e Uruguai con diversas... Máis información
- O delegado da Xunta na Arxentina asiste á 38ª Feria Nacional de Colectividades de Rosario 20.11.2022 audio O delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á 38ª Feira Nacional de Colectividades de Rosario onde se exhibe a mostra Iacobus Gaudet que serve como marco para a promoción do Camiño de Santiago no país austral. Durante esta exposición, que se instala a ceo aberto á beira do Río Paraná, e que reúne a miles de... Máis información
- O INE confirma que Galicia gaña poboación no primeiro semestre de 2022, grazas ao saldo migratorio positivo en 12.768 persoas 19.11.2022 audio O Instituto Nacional de Estatística acaba de publicar os datos provisionais relativos ao primeiro semestre de 2022, que indican que o saldo migratorio foi positivo co exterior en 12.106 persoas e tamén positivo en 622 co resto de CC.AA. Durante estes primeiros 6 meses, o saldo migratorio positivo conseguiu reverter o saldo vexetativo negativo,... Máis información
- Miranda recolle o interese da Fundación Araguaney por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega 18.11.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co director da Fundación Araguaney, Fernando González Méndez, quen lle trasladou o interese desta entidade por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega. Durante a reunión, Miranda e González Méndez analizaron as posibles vías de... Máis información
- O delegado da Xunta na Arxentina mantén un encontro coa representante de Santiago del Estero para promocionar o Camiño de Santiago nesta provincia 18.11.2022 audio O delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión con Norma Abdala de Matarazzo, deputada provincial do Frente Cívico e presidenta provisional da Cámara de Deputados de SDE co obxectivo de estudar posibles colaboracións na difusión da cultura do Xacobeo. Segundo lle trasladou Norma Abdala a Alejandro... Máis información
- Emigración e a Fundación Ronsel fan balance dos programas de apoio ás e aos galegos retornados no 2022 17.11.2022 audio Ambas entidades colaboran a través do programa Merlo e a través dunha iniciativa de formación para bolseiras e bolseiros BEME coa mentorización das e dos galegos retornados, tanto na busca de emprego como no éxito das súas iniciativas empresariais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Fundación Ronsel, Luis... Máis información
- O Ciclo Mestre Mateo proxecta nas entidades galegas do exterior este mes a película “Tres” 16.11.2022 audio O Ciclo Mestre Mateo continúa este mes desenvolvéndose nos centros galegos do exterior, nesta ocasión co filme Tres. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais... Máis información
- Emigración agasalla aos galegos e galegas do exterior que participaron no programa Conecta co Xacobeo cun vídeo recompilatorio da súa andaina 15.11.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración agasalla ás e aos preto de 200 galegas e galegos do exterior que participaron no programa Concecta co Xacobeo que organiza este departamento cun vídeo recompilatorio da súa andaina, iniciada o domingo 22 de outubro e que rematou unha semana despois chegando pola Vía da Prata e polo Camiño Portugués ata a Catedral... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao 53º aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo 15.11.2022 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración do 53 aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo, acompañando ao presidente da entidade, Pedro Miras. No acto estivo tamén presente a cónsul xeral de España no Uruguai, María Victoria Scola. A delegada da Xunta felicitou á entidade e os... Máis información
Páxinas |









