As delegacións da Xunta da Arxentina e Uruguai e Xabier Díaz colaboran na formación musical dos galegos e galegas residentes en ambos países
O músico coruñés levou a cabo diversas masterclass así como un concerto en Rosario invitado polo Centro Gallego na Feira Nacional de Colectividades desta cidade.
Imaxe no Centro Gallego de Montevideo
Imaxe do stand do Centro Gallego de Rosario na Feria de Colectividades 2022
Imaxe na Asociación Galega Residentes de Mos de Bos Aires
Imaxe no Centro Gallego de Montevideo
Imaxe no Centro Gallego de Montevideo
Imaxe do stand do Centro Gallego de Rosario na Feria de Colectividades 2022
Imaxe do encontro co alumnado do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol
Imaxe do encontro co alumnado do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol
A Secretaría Xeral da Emigración e o músico galego Xabier Díaz colaboraron nas últimas semanas na formación musical dos galegos e galegas residentes en Arxentina e Uruguai con diversas masterclass que se desenvolveron tanto nas capitais de ambos países como na cidade de Rosario.
O artista coruñés, gaiteiro e percusionista, tamén levou a cabo un concerto en Rosario invitado polo Centro Gallego na Feira Nacional de Colectividades desta cidade.
Durante estes días, desenvolveu varias xornadas formativas ás que asistiron galegos e galegas das diferentes entidades galegas na Arxentina e Uruguai e que se levaron a cabo no Centro Gallego de Montevideo, no de Rosario, na Asociación Galega de Residentes de Mos de Bos Aires e no Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol da capital arxentina.
Xabier Díaz, con máis de tres décadas de experiencia ás súas costas, leva realizado colaboracións en discos e concertos con artistas coma Kepa Junquera, Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego ou Os Cempés, levando a música galega a países coma México, Cimbabue, Suíza, Bélxica, Irlanda, Noruega ou Italia.
Novas relacionadas



