Emigración continúa coas súas actividades polo Día das Letras Galegas coa presentación da publicación na web GaliciaAberta dun libro sobre Xela Arias de Polo Correo do Vento

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará esta tarde, ás 20 horas (de España) por Facebook Live a subida á plataforma dixital deste departamento da biografía da escritora homenaxeada este ano, “Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”.

“Liberdade, solidariedade e amor pola lingua” estará dispoñible na páxina web da SXE a partir de mañá, mércores 19 de maio
“Liberdade, solidariedade e amor pola lingua” estará dispoñible na páxina web da SXE a partir de mañá, mércores 19 de maio
Presentación de “Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará esta tarde, xunto a Enrique Mauricio, membro de Polo Correo do Vento, a publicación da biografía sobre Xela Arias Liberdade, solidariedade e amor pola lingua que se poderá desfrutar na súa totalidade na páxina web desta institución, GaliciaAberta, a partir de mañá, mércores 19.

Deste xeito continúan as actividades polo Día das Letras Galegas que está a organizar ao longo desta semana a Secretaría Xeral da Emigración. A presentación desta iniciativa terá lugar esta tarde, a partir das 20 horas (hora de España) a través de Facebook Live.

O libro, realizado por Polo Correo do Vento e ilustrado por Tania Solla permanecerá na páxina web da Secretaría Xeral para que as galegas e galegos do exterior coñezan a historia de  Xela Arias, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea. Escritora, editora, tradutora e profesora galega, foi unha poeta rompedora e muller comprometida co movemento feminista, ecoloxista e pacifista.

Coa súa homenaxe, a Real Academia Galega pretende recoñecer ás autoras e autores máis contemporáneos que renovaron a lírica en temas, estilo e forma a partir dos primeiros anos dos 80.

A Secretaría Xeral da Emigración organiza, dende o pasado venres 14,  unha serie de actividades culturais en honor a Xela Arias que permitirán gozar aos galegos e galegas do exterior de obras de teatro, recitais poéticos e a publicación este libro para as e os máis pequenos e maiores.

805 lecturas