A Secretaría Xeral da Emigración inicia as súas actividades polo Día das Letras Galegas cun contacontos na honra de Xela Arias

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará esta tarde, ás 20 horas (de España) por Facebook Live a actividade que se desenvolverá mañá sábado a partir das 16 horas españolas.

Xela Arias é a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021
Xela Arias é a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021
Contacontos Letras Galegas 2021
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que hoxe se poñen en marcha as actividades polo Día das Letras Galegas da Secretaría Xeral da Emigración coa presentación esta tarde, a partir das 20 horas, dun contacontos a cargo de Polo Correo do Vento que se poderá desfrutar mañá a partir das 16 horas en Facebook Live.

A presentación desta iniciativa terá lugar esta tarde, pola mesma canle, a partir das 20 horas (de España), e na mesma participará o secretario xeral e un dos membros de Polo Correo do Vento, Enrique Mauricio. 

Mañá sábado terá lugar o desenvolvemento do contacontos dirixido ás e aos máis pequenos dos galegos do exterior e a través do cal se coñecerá a figura da escritora Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. 

Xela Arias foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea e, coa súa homenaxe, a Real Academia pretende recoñecer ás autoras e autores máis contemporáneos que renovaron a lírica en temas, estilo e forma a partir dos primeiros anos dos 80.

A Secretaría Xeral da Emigración inicia así, con estas dúas iniciativas, unha serie de actividades culturais en honor a Xela Arias e que permitirán gozar aos galegos e galegas do exterior de obras de teatro, recitais poéticos e a publicación dunha banda deseñada para os máis pequenos e pequenas.

747 lecturas