Xuntanza de Miranda con Santos Gastón
Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e Santos Gastón na xuntanza celebrada o pasado martes nas dependencias de Emigración en Santiago de Compostela
Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e Santos Gastón na xuntanza celebrada o pasado martes nas dependencias de Emigración en Santiago de Compostela
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha xuntanza o pasado martes con Santos Gastón Juan, presidente da ‘Asociación Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano Mutual, Cultural y Recreativa’ de Bos Aires, quen tamén é presidente da ‘Asociación de Jóvenes Descendientes de Españoles de la República Argentina’, e subsecretario de Dereitos Sociais do Valedor do Pobo da Cidade de Bos Aires.
No decurso da mesma, Gastón expuxo a Miranda a planificación de traballo das asociacións que preside para o próximo exercicio, e intercambiaron pareceres sobre a situación actual das relacións entre as sociedades galega e arxentina, especialmente no relacionado coas colectividades galegas presentes naquel país.
Novas relacionadas



