Rodríguez Miranda e Javier Gastón destacan a histórica influencia da colectividade galega na Arxentina e avanzan en iniciativas de colaboración entre Galicia e Chascomús

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 26 de decembro de 2024.

O secretario xeral da emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co intendente da cidade do interior da provincia de Bos Aires, Chascomús, Javier Gastón, onde abordaron a histórica influencia da colectividade galega na Arxentina, onde residen preto de 200.000 galegos, e analizaron posibles vías de colaboración entre Galicia e esta cidade bonaerense. Gastón presentou o proxecto “Chascomús, Km0 da Democracia”, que inclúe iniciativas como unha diplomatura en democracia, a creación do Museo Histórico da Democracia Raúl Alfonsín, un espazo multicultural e o Arquivo Municipal da Memoria.

Rodríguez Miranda destacou o impacto da colectividade galega na Arxentina, país que alberga a maior comunidade galega no exterior, e subliñou o interese da Xunta de Galicia en reforzar os lazos cos galegos do exterior e coas iniciativas que promovan os valores democráticos.

O intendente agradeceu a recepción e sinalou que estes encontros permiten fortalecer os vínculos históricos entre Galicia e Chascomús, proxectando a súa cidade como un referente internacional ligado á figura do expresidente Raúl Alfonsín, neto dun galego que emigrou a Arxentina.

342 lecturas