Miranda reúnese co presidente da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse con Santos Gastón Juan, presidente da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires. No encontro, analizaron as actividades culturais e recreativas que a asociación leva a cabo para manter vivas as tradicións galegas entre a comunidade emigrante na Arxentina. Miranda eloxiou o labor da asociación en prol da preservación da identidade galega e reiterou o compromiso da Xunta de Galicia en apoiar estas iniciativas.
 
Santos Gastón Juan expresou o seu agradecemento polo respaldo institucional e destacou a importancia de continuar traballando en conxunto para desenvolver novos proxectos culturais e sociais.

385 lecturas