O Secretario Xeral da Emigración reúnese coa Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña para reforzar a promoción cultural galega na comunidade autónoma

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 14 de xaneiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo xunto a subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, un encontro coa Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña no que participaron os seus representantes, Xosé Carlos G. González, Manuel Prados e Amelia Espinoso. Durante a reunión, abordáronse os proxectos culturais previstos para este ano, co obxectivo de reforzar a promoción da cultura e das tradicións galegas nesta comunidade autónoma.

Entre os temas tratados destacou a planificación de actividades culturais, que contribúen a manter viva a cultura galega en Cataluña e a estreitar os lazos entre as comunidades galegas e a súa terra de orixe.

840 lecturas