A Xunta traslada as súas condolencias ás familias dos falecidos e aos feridos no accidente de tren do Porriño

O Goberno galego anula a súa axenda pública no día de hoxe. 

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016.

A Xunta de Galicia traslada as súas condolencias ás familias dos falecidos e aos feridos no accidente de tren ocorrido esta mañá no Porriño (Pontevedra).

Na zona, a onde se desprazou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, seguen a traballar neste momento os servizos de emerxencias e sanitarios para tentar minimizar no posible as consecuencias persoais do sinistro.

A causa deste suceso, o Goberno galego acordou anular a súa axenda pública no día de hoxe.

En imaxes
744 lecturas