O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración participan no Día de Galicia en Asturias

  • Alfonso Rueda no Día de Galicia en Asturias
    Alfonso Rueda no Día de Galicia en Asturias
  • Rueda e Rodríguez Miranda no Día de Galicia en Asturias
    Rueda e Rodríguez Miranda no Día de Galicia en Asturias
  • Alfonso Rueda no Día de Galicia en Asturias
    Alfonso Rueda no Día de Galicia en Asturias
  • Alfonso Rueda no Día de Galicia en Asturias
    Alfonso Rueda no Día de Galicia en Asturias
Listen to this page using ReadSpeaker
Oviedo, 15 de setembro de 2013.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron esta mañá á imposición das insignias de ouro da Asociación Día de Galicia en Asturias. Os premiados foron Agustín Iglesias, alcalde de Oviedo, e Miguel Carballeda, presidente da ONCE. No seu discruso, Rueda lembrou que este ano o día grande Galicia viuse tinguido de loito pola traxedia ferroviaria de Santiago de Compostela; pero que tamén se puxeron de manifesto dúas características inherentes do pobo galego e das que dixo sentirse moi orgulloso: a vocación de servizo público e a solidariedade cidadá.

Este sentido, felicitou ás e aos máis de 3.000 profesionais que deron o mellor de si o día do sinistro – persoal dos servizos de bombeiros, policía, médico, psicólóxico...- como ás e aos veciños da parroquia de Angrois e ás e aos miles de doantes de sangue que acudiron desinteresadamente aos principais centros de transfusións galegos.

Por último, o vicepresidente aproveitou para agradecer tamén ás autoridades do Principado o seu inmediato ofrecemento de axuda e os medios que puxeron ao alcance da Xunta o día do accidente; demostrando que existe unha colaboración moi estreita entre ambas comunidades e que, como non pode ser doutro xeito, esta cooperación seguirá avanzando e fortalecéndose.

1259 lecturas