Concentracións de condolencia coas vítimas do accidente aéreo dos Alpes

Concentración desta mañá en Ourense
Concentración desta mañá en Ourense
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015.

A Galeguidade universal desexa sumarse ao loito internacional polas vítimas do accidente aéreo ocorrido onte nos Alpes franceses. Tamén na dor, as e os galegos de todo o mundo sabemos permanecer fortes e unidos, e queremos amosar o noso respecto e condolencia aos familiares, amigos e compañeiros das persoas falecidas. Así se demostrou en múltiplas concentracións silenciosas en cidades e vilas, en empresas e institucións, ao longo de toda esta mañá. Na imaxe, a concentración do persoal da Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Ourense. Primeiro e segundo, por abaixo á dereita: o delegado provincial, Rogelio Martínez, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

912 lecturas